TRADÚCEME

29 abril 2008

O PPDEG APOIARÁ AOS PAIS PARA MANTER A EDUCACIÓN NO RURAL

Propón que os concellos financien profesores de inglés en horas lectivas.-

- O PPdeG presentará mocións en todos os concellos afectados para defender o mantemento do primeiro ciclo de ESO.

- A medida afecta a 12 centros en Galicia: 7 en Lugo, 4 en Pontevedra e 1 en Ourense e a preto de 300 familias.

- Coa supresión dos centros, os alumnos terán que percorrer ata 30 quilómetros para desprazarse ata os colexios.

- A estes quilómetros haberá que sumar a distancia que hai desde as súas casas á antiga escola, ademais de ter que realizar dous transbordos. Estamos a falar de que os rapaces sairán dos seus fogares ás oito da mañá e volverán as catro da tarde, sen xantar.

- O Grupo Popular está a presentar unha batería de preguntas no Pleno do Parlamento e nas Comisións para que o Bipartito informe sobre o que está e vai a suceder, xa que ante este problema, atopámonos coma sempre con que o Goberno está a dicir unha cousa e a súa contraria, en función da parte -do PSOE ou do BNG- que se pronuncie.

- Unha vez máis, ante un problema o bipartito intenta enganar e confundir á poboación e é capaz de dicir unha cousa e a súa contraria segundo a parte do Goberno que fale. Así, atopámonos con que a Xunta quere pechar os centros; Educación di que o peche é inamovible e; Medio Rural di que os centros non se van pechar.

- A única realidade é que o PSOE e o BNG forman os dous gobernos de Galicia, e ámbolos dous pechan o primeiro ciclo de ESO en 11 concellos de Galicia.

- A realidade é que mentres o bipartito fala de conciliación de vida laboral e familiar, o Decreto supón que os irmáns irán a distintas escolas e os pais terán máis problemas para poder atender aos seus fillos.

- A realidade é que mentres o bipartito está a anunciar a bombo e pratillo grandes plans de reequilibrio territorial no interior o certo é que se están a suprimir ciclos de ESO no interior de Galicia, permitindo que moitas familias se vexan forzadas a abandonar determinadas localidades debido á falla de servizos educativos.

- O presidente da Xunta, na pouca atención que lle dedica á educación, demostra unha triple incompetencia do seu Goberno.

- Incompetencia porque non se inviste ben, e os resultados están á vista; incompetencia porque son incapaces de executar o que eles mesmos presupostan e comprometen; e incompetencia porque a pesar de haber orzamento e medios para mellorar a situación, non se fai nada.

- A Consellería de Educación leva tres anos con grandes anuncios publicitarios e poucos feitos. Primeiro prometeron a gratuidade total nos libros de texto e os pais seguen a pagar facturas para adquirilos; logo prometeron un ordenador por cada dous alumnos e o Ministerio de Educación afirma que Galicia está a cola en ordenadores por alumnos; e agora, mentres a Educación galega é unha das peores do Estado, a Xunta decide recurtar prestacións no interior de Galicia.

- Na actualidade, os datos deixan ao descuberto que as cousas en Galicia no tocante á Educación non van ben. Nos indicadores internacionais, vendo os datos por comunidades, Galicia está á cola en Ciencias e Matemáticas e no índice de lectura é a segunda peor, 5,7 puntos por baixo da media española e 20 puntos baixo a media europea.

- Ante esta situación, o PPdeG reclama un impulso real e efectivo para a Educación galega, que substitúa a incompetencia pola eficacia. É necesario e de xeito urxente, incrementar os recursos materiais e impulsar definitivamente os centros en construción e en proxecto.

No hay comentarios: