TRADÚCEME

29 marzo 2008

A XUNTA CONVERTE OS REALOXOS, UN PROBLEMA PUNTUAL, NUN PROBLEMA DE ORDEN PÚBLICO POLA SÚA POLÍTICA DE OSCURANTISMO

- A deixadez e a opacidade que veñen caracterizando a actitude da Xunta co problema puntual inicial relacionado co realoxamento de varias familias de etnia xitana dos poboados de O Vao e Penamoa ameaza con estender o problema ata convertelo nun conflito global de orde público.

- Onde antes tiñamos un problema puntual de realoxo, agora temos un problema de orden público debido á política de oscurantismo do Bipartito.

- O Goberno ten a man tendida deste partido para sentarse e intentar solucionar os problemas de integración ou de realoxo das familias de etnia xitana.

- Pero non ten o apoio do PPdeG para facer políticas oscurantistas e de propaganda. É o momento de buscar solucións, non de anunciar grandes titulares que non resolven nada.

No hay comentarios: