TRADÚCEME

29 marzo 2008

OUTRA MOSTRA MÁIS DA FALLA DE COHERENCIA DO SEÑOR TOURIÑO

- Despois de felicitar ao señor Fraga por ser senador, o señor Touriño aprobaba, no Parlamento, 24 horas despois, unha resolución chamándolle franquista.

- O PPdeG pide un pouco de respecto pola Transición española.

- O PPdeG está en contra de calquera simboloxía que atente contra os principios e os valores da Constitución, pero considera que dicir que persoas que tiveron algunha relación durante 40 anos coa administración do réxime franquista non poden ter ningún tipo de recoñecemento público é un disparate.

- O PPdeG considera un disparate o feito de que demócratas que fixeron durante a transición española un excelente traballo estean neste momento no Parlamento de Galicia boicoteados polo feito de ter algunha relación co réxime franquista.

No hay comentarios: