TRADÚCEME

27 marzo 2008

TOURIÑO RACHA UNILATERALMENTE O CONSENSO EN GALICIA PARA MANTER A SÚA PRECARIA PRESIDENCIA

- Touriño racha unilateralmente o consenso en Galicia para manter a súa precaria presidencia e entregar ao BNG un senador do PP que facilite o pacto do PSOE en Madrid.

- En Madrid, o PSOE esixiu a aplicación da regra D´hont para sacarlle o último senador a IU e, hai tres meses en Andalucía, o PSOE e o PP aprobaron unha Lei para o reparto dos senadores e a lei recolle a regra D´hont para este reparto. ¿A que PSOE pertence Touriño?

- A lealdade institucional do PPdeG vese rachada polo PSOE e o BNG, tras máis de 25 anos de Parlamento galego:

- O PPdeG puido bloquear a renovación de membros do Consello de Contas, porque era necesarios 2/3 do Pleno do Parlamento e, a pesares de perder un conselleiro pola Lei D´hont.

- As actas, no ano 1986 e 2004, recollen expresamente que a Lei d´hont foi a fórmula elixida cando era determinante a elección de senadores. No ano 2004, Touriño aceptou o resultado, aínda que lle prexudicaba, porque sabía que esa era a norma que correspondía aplicar.

- O PPdeG lamenta que se cambien as regras do xogo simplemente porque lle convén ao bipartito.

- A parcialidade no Parlamento está a poñer en dúbida a neutralidade dunha institución consolidada dende hai máis de 25 anos e que representa a totalidade dos galegos fora do partidismo.

- Socialistas e nacionalistas rompen todas as pontes coa oposición unilateralmente, rachando coa confianza institucional cara o futuro.

- están empeñados en romper todas as pontes de diálogo coa oposición
- o máis grave agora é a ruptura da confianza institucional cara o futuro

No hay comentarios: