TRADÚCEME

27 marzo 2008

A DEIXADEZ DA XUNTA CONVIRTE O REALOXO DUNHAS FAMILIAS NUN PROBLEMA GLOBAL DE ORDE PÚBLICA

- A deixadez e a opacidade que veñen caracterizando a actitude da Xunta co problema puntual inicial relacionado co realoxamento de varias familias de etnia xitana dos poboados de O Vao (Poio-Pontevedra) e Penamoa (A Coruña) ameaza con estender o problema ata convertelo nun conflito global de orde público.

- Lembrar que, no caso do Vao, a Xunta tentou desentenderse do problema, tratando de responsabilizar en exclusiva ao concello de Poio. Esta deixadez acabou derivando nun conflito institucional logo de que o Concello de Pontevedra interpuxera un recurso contencioso-administrativo por conflito de competencias contra o de Poio.

- Quedou acreditado que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, movida polos intereses electorais do BNG, forzou ás familias realoxadas a abandonar as súas vivendas pero, superada a cita coas urnas, volveu autorizar o regreso dos xitanos ao barrio de Monte Porreiro para, acto seguido, solicitar de novo a súa saída.

- Constátase que a Xunta non efectuou un estudio de idoneidade, non contou coa participación de profesionais expertos en realoxamento e pretendeu efectuar os traslados de costas aos concellos afectados e aos propios veciños das zonas elixidas.

- Deste xeito, tanto a Vicepresidencia da Igualdade como a Consellería de Vivenda actuaron desde o ocultismo, de maneira impropia para unha Administración Pública.

- Hai que cuestionar tamén que a Consellería de Vivenda sega sen facer público o contido do convenio que, cunha achega de preto de un millón de euros, permitiu financiar o realoxamento das familias do Vao, con escaso éxito polo de agora.

- No caso das familias que van ser desaloxadas do poboado de Penamoa, na Coruña, tamén se bota en falta a capacidade resolutiva da Xunta, na medida en que entre as competencias da Vicepresidencia da Igualdade figura a integración dos colectivos con dificultades, como sucede neste caso coas familias de etnia xitana.

- Subliñar tamén o silencio clamoroso do presidente da Xunta e recordar que unha das atribucións de Pérez Touriño reside precisamente en coordinar e supervisar a acción do conxunto do Executivo galego.

- A ausencia de Pérez Touriño e do PSOE é especialmente chamativa na Coruña, xa que a secretaria executiva de asuntos sociais do PSdeG-PSOE é tamén concelleira de Urbanismo na cidade herculina. O feito de que estas dúas responsabilidades pivoten sobre a mesma persoa incrementa a responsabilidade do PSOE no realoxamento dos chabolistas de Penamoa.

No hay comentarios: