- PROGRAMA DO PP NO ÁMBITO DA DISCAPACIDADE:
- Todas as leis deberán incorporar un informe sobre igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas con discapacidade.
- Porase en marcha desde o Goberno central e en colaboración coas CC.AA., un novo modelo de formación profesional específica para cada tipo de discapacidade co obxectivo de mellorar a inserción laboral destas persoas, que en Galicia chegan a sumar máis de 230.000 persoas.
- Lograr a plena integración e participación de todas as persoas con discapacidade nos diferentes planos da sociedade constitúe un obxectivo irrenunciable. Que a taxa de desemprego das persoas que presentan algún tipo de discapacidade estea situada en máis do 17%, triplicando a media, é unha realidade inaceptable que debe ser corrixida desde os poderes públicos. De feito, España é o penúltimo país da UE en inserción laboral das persoas que presentan procesos deste tipo.
- O Goberno do PP incentivará a contratación de traballadores con discapacidade nas pequenas e medianas empresas. Ademais, fixará bonificacións do 70% na base de cotización á Seguridade Social para as persoas con discapacidade que opten por establecerse como autónomos, traballando por conta propia.
- O Goberno do PSOE: nin sequera quixo dar continuidade ao segundo Plan de Emprego específico 2002-2004, que fora elaborado polo anterior executivo central do PP. Mantivo bloqueado ata o último ano desta lexislatura o desenvolvemento regulamentario da Lei de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal, e aprobou a lei de Dependencia –co respaldo do PP-, pero non habilitou o financiamento preciso para a súa aplicación práctica.
- O PSOE está a xogar coas expectativas e ilusións dos máis de 90.000 dependentes galegos que seguen agardando polas axudas económicas prometidas hai máis de un ano e que, a día de hoxe, ninguén percibiu aínda.
- Outro obxectivo é dar máis protagonismo ás organizacións que traballan no ámbito da discapacidade, recordando que o PPdeG propuxo na Cámara autonómica a creación dunha Comisión de Seguimento da Aplicación Lei da Dependencia, para dar voz ás asociacións implicadas. Lamentablemente, PSOE e BNG rexeitaron a proposta.
- O PPdeG seguirá a traballar para facer efectiva esa participación dos afectados, polo que volveu rexistrar na Cámara unha nova proposta, encamiñada a lograr a participación de entidades locais, axentes sociais e asociacións representativas das persoas dependentes e as súas familias na aplicación da lei da dependencia, confiando en que nesta nova oportunidade sexa apoiada polos socios do bipartito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario