- Rajoy volveu gañar a Zapatero no segundo debate.
- Rajoy demostrou que está preparado para gobernar España. Sabe os problemas que teñen os cidadáns e ten as ideas claras sobre como hai que solucionalos.
- Zapatero volveu mostrarse insensible cos problemas da xente. Fixo no debate o mesmo que nos seus catro anos de Goberno, ignorar os problemas e esquecerse das persoas.
- Zapatero comezou moi nervioso o debate e utilizou un estilo bronco, con continuas interrupcións a Rajoy e xesto crispado. Seguiu o guión da campaña socialista: dramatización e moita tensión.
- Rajoy desgranou as súas propostas, rebatindo os poucos argumentos de Zapatero e, incluso, respondeu con moita firmeza aos seus insultos.
- O candidato socialista buscou unha repetición do primeiro debate, cos mesmos recursos e incluso similares argumentos. Zapatero chegou ao extremo de propoñer medidas que xa existen –como o observatorio de prezos- ou realizar promesas que xa fixo en 2004 e incumpriu nesta lexislatura –as prazas de garderías infantís-.
- Na súa estratexia de tensión e drama, Zapatero chegou ao extremo de culpar dos problemas da inmigración aos empresarios e sindicatos. Debería pedir desculpas a uns e a outros o antes posible.
- Rajoy, como fai sete días, chamou ás cousas polo seu nome e evidenciou que a Lexislatura de Zapatero foi un período lamentablemente perdido para España e no que o único que creceu foron os problemas e os rencores.
- Zapatero volveu a negarse a falar das cuestións que máis preocupan aos españois. En lugar de ofrecer solucións, optou por ignorar e ocultar os problemas, como se estes desaparecesen por non falar deles.
- O candidato socialista utilizou no debate o tema do terrorismo e non dubidou en usar por segunda vez as cifras de mortos para arroxarllas ao seu opoñente.
- Rajoy referiuse á mala xestión do Goberno, da que puxo como exemplos a crise na economía, un modelo educativo fracasado e un debate territorial que cuestiona o pacto constitucional e os acordos que fixeron posible a Transición.
- No debate se evidenciou que Zapatero non ten un proxecto para España, pero iso non xustifica nin os insultos, nin as mentiras nin o recurso continuo ao pasado.
- O despropósito de Zapatero foi tal que nun momento do debate chegou a decir que “o PSOE é o eixe central da democracia en España”. O papel redentorista de Zapatero non lle pega a quen rompeu todos os consensos básicos e quebrou o espírito da Transición. Zapatero debería saber que o eixe central da democracia é a Constitución, esa Constitución que tantas veces vulnerou.
- Rajoy subliñou as enormes contradiccións que houbo nestes anos na acción de Goberno de Zapatero. De forma documentada, desgranou as promesas incumpridas, as declaracións incoherentes, as ocorrencias absurdas e a discordancia total entre o que dixo e o que fixo nestes anos.
- Rajoy gañou pola solidez dos seus plantexamentos e pola forza dos seus argumentos, e, sobre todo, porque é unha persoa críble, que pensa o que di e di o que pensa. E sempre cumpre o que promete.
- Zapatero perdeu porque estivo peor que Rajoy e porque non ten balance que faga críbles as súas promesas.
- O debate demostrou que quen fala de solucións e de futuro é Rajoy.
- Zapatero está cómodo no pasado, é do que lle gusta falar e é ao único que se dedica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario