- Rajoy retomará e cumprirá o Plan Galicia, pese as interrupcións de Zapatero.
- No debate do luns vimos a un Zapatero que, cando escoitou de Rajoy as palabras ‘Plan Galicia’, quixo interrompelo, pero Rajoy voltou a dicilas.
- Eses 20 segundo do debate, resumen unha realidade de 4 anos: Rajoy comezou o Plan Galicia, Zapatero o interrompeu e agora, o próximo 9 de marzo, Rajoy retomará e cumprirá o Plan Galicia.
- Para o PPdeG o único motivo porque Zapatero intentou, continuamente, interromper a Rajoy ao longo do debate foi porque a Zapatero non lle gusta que o PP lle diga a verdade das cousas.
- Non lle gusta que digamos a verdade sobre a economía, como fixo Rajoy; sobre os problemas sociais; sobre a discriminación lingüística; sobre o deterioro na Educación; e sobre os desequilibrios territoriais.
UN PRESIDENTE QUE NON INTERROMPA AS ESPECTATIVAS DOS GALEGOS
- O que precisa Galicia é dun presidente que non interrompa as espectativas dos galegos, como sucedeu estes catro anos.
- Galicia precisa dun presidente que non interrompa as súas infraestruturas; dun presidente que non interrompa as tendencias de crecemento do emprego que se atopou cando chegou; que non interrompa o poder adquisitivo dos galegos; que non interrompa o acceso á Vivenda de todos os cidadáns; e que non interrompa as cotas de benestar acadadas.
- Durante estes catro anos, Zapatero desaproveitou o seu turno para gobernar e agora tócalle a Rajoy.
OURENSE, A ESTACIÓN CENTRAL DO AVE GALEGO
- Rajoy se comprometeu coa cidade e co futuro da provincia, ao anunciar que esta estación será a estación do AVE galego.
- Só quen coñece ben Ourense entende que esta provincia debe ser a porta da entrada á segunda modernización de Galicia, que esta debe ser unha cidade aberta a unha nova transformación e non unha cidade fronteira de inversións e atencións, como foi nestes catro anos.
- Con este novo compromiso, queda demostrado unha vez máis cal será a vantaxe que terán os galegos: ‘Rajoy será un presidente do Goberno que non precisa guía en Galicia’.
ZAPATERO PROPÓN QUE GALICIA TEÑA AVE 30 ANOS DEPOIS QUE ANDALUCÍA
- Nestes catro anos, Zapatero, o único que demostrou é que non sabe nada de Galicia, dos galegos e das súas necesidades.
- E agora, pretende que os galegos votemos, o vindeiro domingo, que o AVE chegue a Galicia no 2020, 30 anos despois que a Andalucía e 10 anos despois da súa propia promesa, 2010.
RAJOY, UN PRESIDENTE Á MEDIDA DE GALICIA
- Rajoy non será un Rei Mago, ao que se lle piden as cousas e as concede segundo os galegos sexan bos ou malos nas eleccións, como fixo Zapatero.
- Rajoy será un presidente que sabe que Galicia precisa de novas oportunidades como as que nos brindan as infraestruturas, e por iso vai impulsar o Plan Galicia; que sabe que en Galicia os prezos suben máis aínda que no resto de España e os nosos soldos son os máis baixos, e por iso o 60% dos galegos non pagarán IRPF; que sabe que se marcharon no último ano o maior número de mozos desde 1992, e por iso propón que o 90% dos xóvenes non paguen o IRPF.
- Rajoy sabe, tamén, porque é galego, que en Galicia as pensións son as máis baixas de España, e en Ourense son aínda máis baixas que no resto de Galicia, e por iso propón un incremento urxente de 150 euros; e que nas escolas se retroceden posicións en calidade educativa nun contexto no que España é o país máis deteriorado na ensinanza de Europa, e por iso propón un novo sistema educativo baseado na liberdade, no mérito e no esforzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario