- No debate, Zapatero ensinou o mapa das infraestructuras do 2004 e o mapa do 2020. Pero non ensinou o mapa de 2008, porque é o mesmo que o do 2004.
- O PP non vai esperar ao 2020 para que Galicia teña AVE.
- O PP non vai esperar ao 2020 para ver se Zapatero cumpre o que tiña que ter feito durante estes catro anos.
- En dous días chegará un futuro galego, un futuro que nada ten que ver con este presente, no que se refire a infraestructuras.
- Galicia terá AVE, con permiso ou sen permiso de Magdalena Álvarez. Este é o compromiso do PP e dun galego que será o Presidente do Goberno, Rajoy.
DESASTROSA XESTIÓN ECONÓMICA DE ZP
- Os socialistas nada máis chegar cambiaron o sistema de medición do paro e agora, antes de marchar volveron a cambialo. Pero aínda así non conseguiron maquillar que o paro volveu subir este mes.
- Nos últimos 5 meses incrementouse o paro en 300.000 persoas en España, e o PSOE deixa un Goberno que destrúe emprego. Somos a potencia europea na que máis subiu o paro no último ano. Da UE, só Eslovaquia ten a taxa de paro máis alta que España. E deixan un escenario no que máis dun millón de persoas poderían ir ao paro pola crise na construcción.
- En Galicia, estamos coa maior alza de paro dos últimos 6 anos e os constructores galegos prevén un descenso dun 50% nas obras. Uns 1.500 empregados están a punto de suspensión de pagos en Lalín e Ponteareas. E a Xunta non está.
- Galicia se está a quedar no paro, e na Xunta non traballa ninguén.
O MAIOR INCREMENTO DO COSTE DA VIDA
- Galicia está peor que hai catro anos.
- Un milleiro de empresas galegas pecharon no último ano. Os precios se dispararon e xa suben por enriba da media española, a máis alta desde 1996, mentres os soldos son os máis baixos. A desconfianza crece nos consumidores. E ademais gastamos 300 euros máis ao mes que hai un ano para pagar a cesta da compra e as hipotecas.
- Zapatero deixonous hipotecados e endeudados ata as cellas.
DEDUCIRANSE OS GASTOS DA HIPOTECA
- O que fai falla é rigor e sinceridade para afrontar a realidade, coherencia e saber priorizar, e propostas e planificación.
- E o PP ten propostas.
- En vivenda, se van deducir os gastos da hipoteca para que cada cidadán poida aforrarse tres mensualidades. Os que cobren menos de 16.000 euros ao ano non terán que pagar a declaración na renda. O 95% dos xóvenes galegos non pagarán o IRPF. Incrementaranse as pensións mínimas de xubilación en 150 euros mensuais e potenciarase o emprego feminino cunha rebaixa fiscal de 1.000 euros.
O PSOE MIRA CONSTANTEMENTE POLO RETROVISOR
- O PSOE mira constantemente polo retrovisor pero estase a dar conta de que non ve a ninguén, porque imos por diante nesta campaña e chegaremos diante o próximo domingo.
- Dicirlle aos votantes máis fieis que poderán estar máis orgullosos que nunca do seu partido.
- Dicirlle aos que algún día nos deixaron de votar que non somos perfectos pero temos aprendido dos nosos erros.
- Dicirlle aos que nunca votan que no noso programa hai razóns de peso que compensan a súa apatía.
- Dicirlle aos defraudados por Zapatero e polo Bipartito que no PP hai motivos para recobrar a esperanza.
- Dicirlle aos que nunca nos votarán que Rajoy gobernará para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario