TRADÚCEME

26 marzo 2008

PSOE E BNG RACHAN AS REGRAS DEMOCRÁTICAS

- PSOE e BNG deron un paso máis na súa política de cambiar nos despachos o mandato das urnas, ao impedir que o Grupo Popular designase o segundo senador de representación autonómica ao que ten dereito en función do número de escanos que posúe na Cámara galega.

- PSOE e BNG cometeron unha “tropelía democrática”, rachando todas as regras e os consensos establecidos ata o de agora na Comunidade Autónoma.

- Socialistas e nacionalistas optaron por ignorar a aplicación da Lei D´Hont e o principio de proporcionalidade para a elección dos senadores de representación autonómica co obxectivo de privar ao PPdeG do segundo senador que lle corresponde.

-Ignoraron deliberadamente que esa lei foi utilizada sistematicamente ata o de agora para efectuar estas designacións, pero tamén para a elección dos membros do Consello de Administración da CRTVG e para o recente desbloqueo da elección dos membros do Consello de Contas de Galicia.

- Para o PPdeG, este feito pon de manifesto que as verdadeiras preocupacións dos socios do Goberno bipartito non residen en velar polos intereses xerais da Comunidade, senón que asistimos a un espectáculo vergonzoso do pacto do Tinell en Galicia.

- Antes as falsidades vertidas polos grupos que sustentan ao bipartito, lembrar que o Grupo Popular nunca apoiou o sistema de votación seguido onte e que, en todo momento, defendeu a inclusión dos seus dous candidatos. Ante o risco de quedar onte sen representación algunha no Senado, se decidiu incluír o nome de Manuel Fraga na papeleta, pero deixando clara a discrepancia respecto á “tropelía” que se ía cometer.

No hay comentarios: