- A cuarta imputada polo caso da adxudicación da autovía do Barbanza, Teresa Palacios, declarará hoxe no Xulgado que instrúe a causa.
- O PPdeG espera que esta comparecencia non sexa outro cúmulo de contradiccións como as que están a conformar as declaracións dos outros tres imputados, e que poñen de manifesto o nerviosismo da Xunta sobre este tema e o seu afán por esconder a verdade.
- A verdade é que o Bipartito adxudicou unha obra a unha empresa que non só non era a que aconsellaban os técnicos senón que ademais custará ás arcas galegas 30 millóns de euros máis.
- O presidente da Xunta debería tomar nota do que está a pasar no seu Goberno e máis aínda no departamento que dirixe a súa conselleira estrela, posto que a metade dos encargados de adxudicar obra pública na Comunidade están padecendo a vergoña de ter que declarar en calidade de imputados ante a Xustiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario