TRADÚCEME

26 marzo 2008

PERDAS DE 250 MILLÓNS DE EUROS PARA OS GANDEIROS GALEGOS

- A descapitalización do sector lácteo propiciada por PSOE e BNG tradúcese en perdas de 250 millóns para os gandeiros galegos.

- Ata o de agora, moitos gandeiros galegos, ao cesar a súa actividade, obtiñan uns notables ingresos adicionais derivados da venda da cota láctea que tiñan asignada, pero a situación mudou radicalmente por mor da intervención do Goberno no mercado de cotas. Moitos gandeiros en activo, e que efectuaron desembolsos económicos importantes para incrementar a súa capacidade de producción láctea, comproban como ese investimento perde valor.

- Só no ano 2007, se pecharon definitivamente 2.000 explotacións en Galicia.

- Ao descenso do prezo do leite súmase o incremento dos pensos, cifrado entre un 30 e un 40%, e o dos fertilizantes, que nalgunhas presentacións acada xa o 200%.

- Neste escenario, o PPdeG rexeita o incremento lineal da cota láctea, cifrado nun 2% para cada un dos 27 países membros da UE, con independencia das características ou da actitude produtiva das diferentes cabanas gandeiras, por entender que vai resultar prexudicial para Galicia e beneficiará especialmente aos países máis competitivos.

- O PPdeG pregúntase por qué o Goberno central non adoptou unha postura reivindicativa en defensa dos gandeiros, tal e como fixeron Austria e Alemaña, que rexeitaron o incremento lineal do 2% por entender que resulta especialmente lesivo para a gandería de montaña, características que comparten a maior parte das explotacións de Galicia e de toda a Cornixa Cantábrica.

No hay comentarios: