TRADÚCEME

26 marzo 2008

A XUNTA ELIMINA A OPCIÓN DOS PACIENTES A RECIBIR AXUDAS NUN PRAZO MÁXIMO

- O proxecto de lei de saúde de Galicia elimina o dereito dos pacientes a recibir asistencia sanitaria antes de esgotar un tempo máximo, ignorando que as crecentes listas de espera constitúen a principal preocupación dos usuarios do Servizo Galego de Saúde.

- O PPdeG defendeu no Parlamento unha emenda á totalidade do proxecto de lei presentado polo bipartito e pediu a súa devolución ao Executivo, avogando por elaborar un novo texto consensuado que sirva de base para o desenvolvemento do sistema sanitario público galego durante os próximos 50 anos.

- PROPOSTA DO PPdeG: 60 días de espera cirúrxica máxima e 45 para consulta

- O PPdeG aposta por plasmar na lei o dereito de todos os enfermos a recibir asistencia nun prazo máximo de 60 días cando se trate dunha intervención cirúrxica e de 45 días para unha primeira consulta de calquera especialidade.

- De non ser así, o Servizo Galego de Saúde debería ofrecer ao paciente o dereito a ser derivado a calquera outro centro –público ou privado- capaz de prestar esa asistencia sen custe algún para o enfermo. Sen embargo, coa súa redacción actual, e co obxectivo de reducir os custes no sistema sanitario público, o proxecto de lei limita os dereitos dos pacientes e erosiona a calidade da asistencia.

- Do mesmo xeito, hai que chamar a atención sobre a intención do bipartito de establecer, nesta mesma lei, a mobilidade forzosa dos 40.000 profesionais que integran o cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde, lesionando dereitos laborais adquiridos e atentando contra a estabilidade xeográfica dos traballadores.

- A emenda de totalidade e mailas emendas parciais que serán rexistradas polo Grupo Popular no trámite de ponencia deste proxecto de lei xorden despois de realizar numerosas consultas con sindicatos sanitarios, profesionais do sector e mesmo a raíz do ditame elaborado polo Consello Económico e Social en relación con esta iniciativa lexislativa.

No hay comentarios: