- Cando hai un proceso xudicial hai que ser moi prudente e deixar aos xuíces que actúen con total independencia e imparcialidade.
- O PPdeG reitera que esta adxudicación cun sobrecuste de 30 millóns de euros tiña que ser investigada no Parlamento, pero o Bipartito negouse sistematicamente e non quedou máis remedio que ir á Xustiza.
- Agora é a Xustiza a que ten a palabra.
- O que si lle gustaría a este partido é que os imputados aclarasen o que realmente pasou e que non se neguen, como o están a facer, a responder ás preguntas que se lles formulan.
- En todo caso, serán os xuíces os que valoren por qué os imputados sistematicamente na maioría dos casos se negan a contestar ás preguntas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario