TRADÚCEME

03 marzo 2008

O PPdeG, O ÚNICO PARTIDO EN GALICIA QUE TEN UN PROGRAMA ELECTORAL PARA O GOBERNO

- O PP non quere un cheque en branco, quere asinar un contrato cos cidadáns que é o seu programa.

- O PPdeG é o único partido en Galicia que ten un programa electoral para o Goberno.

- O PP non cre que os votos son cheques en branco para impoñer o canon dixital para beneficiar a uns poucos, para despilfarrar e malgastar a boa herdanza económica que se recibiu dos Gobernos do PP, para tirar a papeleira un compromiso de Estado e unha resolución do Congreso dos Deputados ao lixo, como fixeron co Plan Galicia.

- Os votos tampouco son cheques en branco para impoñer un mapa territorial segundo sexan as conveniencias partidistas do momento, ou para negociar con terroristas con toda irresponsabilidade.

O PP, O ÚNICO PARTIDO QUE FAI O QUE DI

- Os que votan ao PP non se teñen que arrepentir de telo feito, por iso, o PP é o partido que ten os votantes más fieis, e non basea a súa mobilización en ir á contra de ninguén.

- O PP ten uns principios cos que é consecuente e non fai nunca un dobre xogo porque cre que só a coherencia garante a plena transparencia ante os cidadáns.

- O PP non vota en Galicia impulsar as transferencias e logo pon a unha Ministra que nolas nega, como fixo o PSOE.

- O PP non vota en Galicia a favor de impulsar as infraestructuras e logo vota no Congreso dos Deputados en contra das mesmas mocións, como fixo o PSOE.

- O PP non vota en Galicia a favor das infraestructuras e logo vota a favor de Magdalena Álvarez, como fixo o BNG.

- O PP non vota a favor do Plan de Acuicultura no Parlamento e logo di na rúa que esta en contra, como fai o BNG.

- O PP non vota no Parlamento a favor da Lei de Función Pública, e logo na rúa di que esta en contra, como fai o BNG.

- O PP non vota a favor do Decreto do Ensino, e logo di que esta a favor do bilingüismo harmónico, como fixo o PSOE.

- O PP non vota a favor da construcción civil no estaleiro en Galicia, e logo vota en contra en Madrid, como fixo o PSOE

No hay comentarios: