TRADÚCEME

03 marzo 2008

O PP DEFENDE A LIBERDADE INDIVIDUAL DOS CIDADÁNS PARA BUSCAR O BENEFICIO COLECTIVO

- O PP é o partido que defende a liberdade individual dos cidadáns para buscar o beneficio colectivo.

- A liberdade na educación, xa que non quere as escolas para formar militantes con política senón formar rapaces con coñecementos.

- A liberdade do uso da lingua.

- Ningún outro partido defende a integración, sen cidadáns de primeira e de segunda. Non como o BNG, no que se pelexan dous alcaldes do mesmo partido en Poio e Pontevedra para non realoxar a un colectivo español de raza xitana.

- Ningún outro partido propón subir as pensións 150 euros e eliminar impostos para todos os sectores da poboación, e ten un compromiso coas infraestructuras, como fai o PP.

- Ningún outro partido, defende que en Navantia haxa construcción naval civil. O PP non quere prexubilar Ferrol, quere que Ferrol sexa fonte de emprego e de riqueza: o motor do norte de Galicia.

O CAMIÑO DUNHA NOVA ERA DE ILUSIÓN

- O 9 de Marzo, os españois poden tomar dous camiños: o camiño do conformismo ou o da ansia de mellora; o do continuísmo ou o da nunha nova era de ilusión; o do desprezo ou o da prioridade; o camiño que nunca levou a Galicia en catro anos ou o camiño que comeza en Galicia cun galego: con Rajoy.

- Durante estes catro anos cando o Goberno tivo que escoller para acometer algún proxecto ou infraestructura, nunca escolleu a Galicia.

- Agora os que deciden son os cidadáns. E entre ZP e Rajoy, van escoller Galicia, é dicir a Mariano Rajoy.

- Os galegos escollerán a Rajoy, porque el non escolle: el cre na igualdade real entre cidadáns, na igualdade e o equilibrio entre os territorios, na igualdade de oportunidades de todas e todos.

No hay comentarios: