TRADÚCEME

02 marzo 2008

O PP FARÁ EFECTIVOS OS DEREITOS DOS DEPENDENTES

- O PP fará efectivo os dereitos dos dependentes porque estamos nun Estado de Dereito.

- A Lei de Dependencia aprobouse carecendo dun programa de investimentos: non hai diñeiro nas comunidades para pagar as axudas que recoñece a Lei, e este é un problema que se debe corrixir de inmediato.

- O PP asegura o cumprimento efectivo e a mellora da Lei de Dependencia garantindo un sistema con calidade, equidade e accesibilidade que asegure a plena efectividade deste dereito ao marxe do lugar de residencia e que conte cun finanzamento estable, solidario e sostible.

- En Galicia existen máis de 90.000 dependentes, dos que máis de 16.500 son considerados grandes dependentes aos efectos da Lei.

- Os dependentes galegos deberían estar cobrando axudas xa, dende fai máis de ano e medio, pero en realidade moitos deles seguen aínda sen recibir a visita dunha persoa que avalíe o seu grao de dependencia.

- A Xunta está dormida e os dependentes sen cobrar.

- O Goberno autonómico non lle recoñece pola vía dos feitos -pagándolles- o que si lles recoñeceu o Congreso: o dereito a recibir unha axuda.

- E doutra banda, un culpable claro que é o Goberno central, que presentou unha lei que recollía un programa de axudas pero non a forma na que se pagarían.

O PP E O COMPROMISO FIRME DE SUBIR AS PENSIÓNS

- O PP reafirma o compromiso de subir as pensións en 150 euros ao mes, unha cantidade que suporía a estas persoas (170.000 en Galicia, ás que hai que sumar as 51.000 viúvas que tamén se beneficiarían desta medida) contar con 1.800 euros máis cada ano.

- Estas propostas teñen unha enorme importancia no que a Galicia se refire xa que as pensións de xubilación na nosa Comunidade son un 18% máis baixas que a media de España.

- Por eso en Galicia beneficiaranse da suba arredor de 500.000 persoas porque:

- Melloraremos as pensións mínimas dos xubilados con 65 ou máis anos e con conxuxe a cargo.


Incremento proposto
150 euros
Pensión actual 606,06 euros
Pensión 2009 Aproximadamente en 750 euros

- Tamén melloraremos as pensións mínimas dos xubilados con 65 ou maís anos que non teñan coxuxe a cargo.


Incremento proposto
150 euros
Pensión actual 493,22 euros
Pensión 2009 Aproximadamente en 650 euros

A IGUALDADE NON SE CONSIGUE COAS CARAVANAS SOCIALISTAS DE MULLERES NIN COAS CARAVANAS NACIONALISTAS DE MAIORES

- O PP ten propostas reais e efectivas para Galicia, non como o Partido Socialista e o BNG, que mentres defenden a igualdade, logo levan caravanas de mulleres a concellos do PSOE; que mentres falan da Terceira idade o único que fan é levar caravanas de maiores a festas; e que mentres falan de Dependencia o único que fan é levar caravanas de publicidade independentista.

No hay comentarios: