TRADÚCEME

03 marzo 2008

O PP OFRECE UN CONTRATO PARA SELAR O SEU COMPROMISO CON FERROLTERRA DESPOIS DO 9-M

- O PP comprométese a facer realidade un decálogo que permitirá falar de un antes e un despois do 9-M para Ferrolterra e a súa xente.

- Promete firmeza negociadora do Goberno central ante Bruxelas para conseguir que os estaleiros públicos da comarca podan volver construír e reparar navíos civís, beneficiándose de boom de pedidos que están a efectuar as navieiras de todo o mundo, que demandan barcos de todo tipo.

- Ninguén entende que fronte ás costas galegas se rexistre a maior densidade de tráfico marítimo do mundo e, sen embargo, os nosos estaleiros nin sequera podan reparar os barcos avariados.

- Tan só en 2005 pasaron fronte ás costas galegas arredor de 42.000 barcos mercantes (117 diarios, arredor de 5 cada hora), o que representa unha oportunidade de negocio que o sector naval galego non debe desaproveitar.

- Fronte á intención do PSOE de converter os estaleiros desocupados nun polígono industrial, o PP aposta por impulsar solo industrial abundante, e a prezos competitivos, noutros puntos da comarca, como a zona de actividade loxística de Mandiá-Leixa, susceptible de acoller calquera proxecto empresarial que poda asentarse na comarca.

- Para o PP, o desenvolvemento económico de Ferrolterra pivota sobre tres aspectos aos que o PSOE deu as costas tradicionalmente: boas comunicacións, construción naval e diversificación económica.

- Á parálise do PSOE, contraponse a actitude dos Gobernos do PP, que puxeron en marcha as grandes obras públicas das que dispón Ferrol actualmente, como os novos accesos ou o Porto Exterior.

- O contrato co que o PP pide o apoio dos habitantes de Ferrolterra para que Mariano Rajoy sexa o próximo presidente do Goberno de España asegura a materialización dos seguintes compromisos nos vindeiros catros anos:

- Recuperar para Ferrolterra a condición de capital española da construción naval, conseguindo que as instalacións da antiga Astano poden volver construír e reparar buques civís, abrindo a actividade á iniciativa privada.

- Solo industrial abundante e a prezos competitivos. Acelerar a construción e posta en servizo da Zona de Actividade Loxística (ZAL) de Mandiá-Leixa. Establecer reservas de solo empresarial noutros puntos da comarca para atender todas as demandas que podan xurdir, sen necesidade de afectar á superficie da antiga Astano, como pretende facer o PSOE.

- Segunda fase do porto exterior. Foi paralizado polo Goberno do PSOE. As instalacións de Caneliñas converteranse nun dos motores económicos da comarca, nun momento no que o tráfico marítimo está en auxe, en detrimento do tránsito rodado.

- Desdobramento dos accesos ao porto exterior. Tamén paralizados polo PSOE. Fundamentais para que a rada poda competir con garantías.

- Conexión ferroviaria do porto exterior. Bloqueado polo Goberno de Zapatero. O Partido Popular garante a execución do ramal ferroviario ao porto para asegurar a súa intermodalidade.

- AVE co resto de España e con Madrid. O PSOE anulou incluso o estudo informativo do trazado Betanzos-Ferrol, deixando sen data este proxecto. O PP axilizará os trámites para que Ferrol teña conexión co resto de Galicia e con Madrid a través de alta velocidade ferroviaria. Tamén se potenciará o ferrocarril convencional –mellora das frecuencias, maior rapidez, novo material rodante e tarifas máis económicas- para reducir o uso dos vehículos particulares en traxectos curtos e de media distancia.

- Ave Transcantábrico. O proxecto foi anulado polo Goberno de Zapatero. O Partido Popular fará unha aposta decidida pola Cornixa Cantábrica e o AVE será un dos seus eixes vertebradores.

- Vía de alta capacidade da Costa Norte. Foi sometida a sucesivos retrasos polo PSOE e segue sen iniciarse. O Goberno de Rajoy acelerará o tramo de competencia estatal (San Cibrao-Barreiros) e pedirá á Xunta que faga o mesmo no traxecto de responsabilidade autonómica.

- Sexta fragata F-100. A promesa de Zapatero segue sen materializarse rematada a Lexislatura. O PP oficializará o contrato e potenciará a base naval de Ferrol.

- Vivenda pública en terreos militares. O PP executará vivendas de promoción pública nos terreos desafectados polo Ministerio de Defensa. A medida mellorará a calidade de vida das familias máis desfavorecidas, contribuirá a reducir o prezo da vivenda na cidade e permitirá que Ferrol conte con novas áreas de expansión urbana.

No hay comentarios: