TRADÚCEME

19 febrero 2008

ZAPATERO ESCONDE 40.000 PARADOS

- O dato negativo do día é que a inflación interanual volveu subir máis de medio punto nun mes.

- Mentres seguen aparecendo luces vermellas sobre a nosa economía, o Goberno continúa sen tomar medidas.

- O único que fai o Goberno de Zapatero é cambiar o sistema de cómputo dos parados, para maquillar as cifras e que o dato de desemprego de febreiro, que sairá en plena campaña, no lles dé un mal día.

- É unha decisión sen precedentes que indica que o Goberno, que sen embargo o nega, é consciente de que hai un grave problema de crecemento do paro. Como fai con todo, en lugar de atacalo con medidas efectivas aborda os malos datos de emprego desde o ángulo da propaganda.

- Zapatero en lugar de coller o BOE e aprobar medidas, dille a Caldera que recupere o tippex, agora para manipular as cifras do paro e quitarlle 40.000 parados ao dato real.

- O Goberno non considerará como parados ás persoas que necesiten formación. Xa sabemos que ao dato que nos dean haberá que sumarlle os 40.000 parados que Zapatero esconde.

- O dato obxectivo é que agora mesmo hai máis parados en España que o día que Zapatero tomou posesión como presidente do Goberno. Só no mes de xaneiro destruíronse 132.000 postos de traballo, co que cada día, de media, 4.400 españois perderon o seu emprego.

- Segundo Zapatero, en España no hai máis parados, senón máis persoas que se apuntan ao desemprego. Dixoo nunha emisora de radio, pensando quizáis que ir a unha oficina do INEM a darse de alta é como ir ao cine: unha forma de pasar o tempo.

- Zapatero opta por burlarse dos desempregados.

No hay comentarios: