TRADÚCEME

19 febrero 2008

O PERIGO DE KOSOVO

- A provincia serbia de Kosovo declarou este fin de semana, de forma unilateral, a súa independencia. Conven recordar que Kosovo non é nin foi nunca unha república independente da antiga Iugoslavia, senón unha provincia dunha desas repúblicas.

- A declaración unilateral de independencia non ten cabida no dereito internacional, posto que Kosovo non é un territorio suxeito á autodeterminación nin por razóns históricas nin por razóns xurídicas. Ademáis, o paso que deu a provincia serbia volve a desestabilizar perigosamente un complexo taboleiro de relacións a nivel local e internacional que pode ser moi perigoso para Europa.

- O Partido Popular apoia ao Goberno na defensa prudente e equilibrada da estabilidade na rexión, así como dos principios básicos que rixen no dereito internacional. Consideramos tamén que a coordinación a nivel, europeo é esencial, polo que apoiaremos a postura comunitaria, aínda que non coincida exactamente coa do noso partido.

- As alusións ao caso kosovar que algúns dirixentes nacionalistas veñen facendo nos últimos días son, ademais de interesadas, unha distorsión total da realidade. Nada ten que ver o caso de Kosovo, unha provincia onde existe unha maioría étnica provocada por un intenso movemento de poboación, coas reivindicacións separatistas que existen nalgúns territorios españois.

No hay comentarios: