TRADÚCEME

23 febrero 2008

MUCHO PP, CAMPAÑA EN POSITIVO

IMOS A GAÑAR PORQUE RAJOY É MÁIS RAJOY QUE NUNCA

- O próximo 9 de marzo, o PP gañará as eleccións porque, a diferencia dos demais, o PP ten propostas, programa, equipo, ideas e claridade.

- A diferencia do PSOE, o PP si cre que Galicia pode abandonar os papeis secundarios e protagonizar a Moncloa con Rajoy coma presidente porque, o PP si cre en Galicia, nos galegos, na nosa capacidade e no noso empuxe.

- Levamos CATRO ANOS DE AGRAVIOS E INCUMPRIMENTOS: nin un só quilómetro de novas autovías; nin un só quilómetro de AVE, e sen saber se quera cando comezaban moitas das obras mentres a metade de España xa tiña AVE; e mentres en Cataluña e Andalucía se inauguraba o Tren de Alta Velocidade, aquí nos mandaban os trens que lle sobraban a Málaga’.

O PP CRE NAS SÚAS PROPOSTAS E NA XENTE

- O PP é un partido que si cre nas súas propostas e que non xoga coas esperanzas dos cidadáns, non como o PSOE, que no debate de onte, Solbes non fixo nin unha soa mención aos 400 euros que prometeu Zapatero, a pesar de ser a súa única proposta coñecida...Por algo será.

- O PP: si cre que se poden baixar os impostos e facer medrar a economía, xa o fixemos unha vez e podemos voltar a facelo; si cre nas leis que impulsa, non como o PSOE que un ano despois de aprobar a Lei de Dependencia aínda non cobrou ninguén ou como Touriño, que un ano e medio despois de aprobar a Lei de Transparencia aínda está sen cumprir; si cre que se pode educar en liberdade, nós cremos que os galegos nos entendemos moi ben cando un fala en galego e outro responde en castelán; si cre que é posible crear unha rede de alta velocidade entre todas as cidades de Galicia.

24 SEGUNDOS DESPOIS DA PEGADA DE CARTEIS, PSOE E BNG XA ESTABAN INSULTANDO AO PP

- Triste maneira de presentarse ante os cidadáns, faltando, descualificando e insultando.

- PSOE e BNG están obsesionados co PP e o PP está obsesionado por acadar que cada día os cidadáns poidan vivir un pouco mellor.

A XUNTA FAI COLA PARA PASAR POLOS TRIBUNAIS

- Os insultos do PSOE e do BNG responden ao nerviosismo do presidente da Xunta ao ver como catro membros do seu Goberno están imputados por seis delitos diferentes de corrupción.

- Touriño ten máis membros do Goberno imputados que conselleiros.

- Non é o PPdeG o que xudicializa a vida política, quen xudicializa a vida política é a Xunta, que fai cola para pasar polos tribunais por corrupción, neglixencias e incompetencias.

- Recordar que o PPdeG chegou a pedir ata en tres ocasións unha comisión de investigación sobre a adxudicación da Autovía do Barbanza, e agora será a Xustiza a que investigue o que o presidente da Xunta non quixo que se investigase no Parlamento.

- Cos 30 millóns de euros de sobreprezo da autovía do Barbanza poderíase financiar 150 euros para todos os pensionistas da provincia de A Coruña, a variante de Noia e a recuperación da ría de Noia.

- O único que é certo, ata agora, é que Galicia ten un Goberno no que:
- hai imputados tres membros da consellería de Política Territorial e un membro da consellería de Economía por corrupción na adxudicación das obras da Autovía do Barbanza;

- dous imputados da consellería de Medio Ambiente polo desastre de miles de peixes que morreron no embalse de Fervenza;

- membros da consellería de Cultura pasarán polos Xulgados por inventarse o percorrido do Camiño de Santiago con tal de levar a contraria a un alcalde do PP, en O Pino;

- o conselleiro de Traballo e a secretaria xeral de Emigración pagaron con diñeiro público a un axente electoral do PSOE.


NOVO PLAN LÁCTERO, REXIME TRANSITORIO DE AXUDAS ANTE A LIBERALIZACIÓN DA CUOTA E UN PLAN PREVER

- O PPdeG estrea a campaña electoral rodeado de gandeiros, como forma de recoñecer o valor da Galicia rural e dun sector, o da gandería, que produce o 40% do leite de España e que conta co 54% das explotacións do país.

- TRES PROPOSTAS CLAVE:

1.- Un PROGRAMA TRANSITORIO DE AXUDAS ao SECTOR LÁCTEO para que poida afrontar con garantías o proceso de liberalización en Europa que se iniciará nos próximos anos.

2.- Establecer un PLAN PREVER que permita a RENOVACIÓN de TODA A MAQUINARIA AGRÍCOLA, relacionando ademais tecnoloxía con progreso e desenvolvemento.

3.- Aprobación dun NOVO PLAN LÁCTEO que beneficie ao productor e que non estableza as cotas seguindo criterios partidistas.

- Os productores gandeiros pasárono mal estes catro anos cunha ministra “agora galega” que non fixo máis que poñer zancadillas ao crecemento do sector na Comunidade.

- Os piensos, o gasóleo e os fertilizantes subiron preto do 100%

- Elena Espinosa non fixo nada para mellorar a situación do sector.

- Desde que goberna o PSOE, España perdeu axudas de Bruxelas. O agro español pasou de recibir máis 450 millóns de euros a quedarse en 220. Esa é a forma na que negocian en Europa os socialistas.

- Non se pode viaxar a Bruxelas a pactar cotas, axudas ou a asignación de fondos para o desenvolvemento agrario sen antes chamar a Galicia e preguntar que necesitan os productores.

- Con Rajoy no Goberno, o ministro de Agricultura non negociaría estes temas en Europa sen antes poñerse en contacto cos gandeiros galegos e coa Xunta de Galicia.

RAJOY OFRECE ILUSIÓN E O CAMBIO POLÍTICO QUE ESPAÑA NECESITA

- Mariano Rajoy estará orgulloso de ser o presidente do Goberno, será un presidente previsible, dará certidumes, e non formará un goberno dedicado ás improvisacións, ocorrencias ou bandazos.

- Aposta por dirixir a acción do goberno cara ás persoas, cara aos que se levantan pronto pola mañá, que deben facer contas para chegar a fin de mes e se preocupan da educación dos seus fillos.

- Gobernará para todos os españois, porque no proxecto do PP caben todos os españois. Non é un problema ideolóxico; o sentido común, sensatez e moderación están por riba das ideoloxías.

- Zapatero o único que fixo estes catro anos foi crear problemas, xerar tensión e botar a culpa ao PP.

- Se gaña as eleccións o 9 de marzo, baixará o IRPF e eximirá do mesmo aos que gañen menos de 16 mil euros, porque é o xusto. Hai que atender a aquelas persoas que sofren a inflación provocada pola inacción do Goberno. Atenderase tamén aos autónomos, ás pequenas e medianas empresas, a quenes crean emprego e riqueza en España.

No hay comentarios: