TRADÚCEME

19 febrero 2008

A XUNTA TEMÉN PAGOU O SALARIO DA AXENTE ELECTORAL DO PSDEG

- Unha vez que a Xunta admitiu que lle pagou billetes de avión a M.I.B., a cal asegura aportando probas que foi axente electoral do PSdeG, o PPdeG pon de manifesto que o contrato laboral de M.I.B. demostra:

- que esta persoa traballaba para Unións Agrarias –sindicato do que era máximo responsable na Costa da Morte, Félix Porto, actual alcalde socialista de Muxía- a través dunha asociación de viticultores. O agora rexidor era xefe directo desta persoa durante todo o ano 2007, e por tanto foi el a persoa que lle concedeu 50 días de vacacións para viaxar a Arxentina durante a campaña das municipais na que M.I.B. asegura que traballou para el como axente electoral. Porto permitiu que esta persoa estivese casi dous meses fora da oficina cando so levaba dous meses traballando para o sindicato. O certo é que non eran vacacións, senón que seguía traballando para Porto aínda que desde Bos Aires e non desde a sede de UU.AA. en Vimianzo, senón como axente electoral.

-a segunda conclusión que se pode extraer é: o contrato desta persoa mostra que se lle pagaban cerca de mil euros mensuais con cargo a unha subvención que concedía a Consellería de Traballo, a mesma que dirixe o número dous do PSdeG e responsable da campaña electoral do partido nas municipais, Ricardo Varela. Este entregaba desde o seu departamento diñero público para que o entonces candidato de Muxía pagase o salario dunha axente electoral súa.

- Ricardo Varela paga a nómina, Manuel Luis Rodríguez, secretario xeral de Emigración, os billetes de avión, a responsable socialista do PSdeG, Marisol Soneira fai de intermediaria entre Xunta e partido, e Félix Porto, alcalde de Muxía, a contrata a través da empresa na que traballa para enviala para que lle faga a campaña en Arxentina, sen pagar, eso si, diñeiro do seu peto.

- A Xunta e o PSdeG deben empezar a depurar responsabilidades de inmediato.

- O secretario xeral de Emigración debe ser cesado dun xeito fulminante. Ademais, Emilio Pérez Touriño debe aceptar a dimisión – pode que xa plantexada por ela mesma- da responsable de Emigración do PSdeG, Marisol Soneira. O alcalde de Muxía, que se aproveitou dunha situación pola que membros do seu partido meteron a man na caixa pública para financiar a súa campaña debe deixar o cargo e entregar a acta de concelleiro de inmediato.

- Ademais, non pode pasar máis tempo sen que o número dous do PSdeG e responsable das campañas electorais dos socialistas explique por que, na súa calidade de conselleiro, concedeu subvencións ao sindicato que dirixía na Costa da Morte por aquel entonces o candidato do PSdeG á alcaldía de Muxía, Félix Porto, para pagar o soldo a unha axente electoral.

No hay comentarios: