- Segundo informa hoxe un periódico, ETA, durante o proceso previo á declaración do alto o fogo, fixo chegar tres cartas a Zapatero e Rubalcaba. Esas cartas contiñan esixencias que Zapatero aceptou a raxatabla.
- Zapatero incluíu as esixencias de ETA tanto na resolución do Congreso de maio de 2005 como na súa declaración nos pasillos do Congreso, en xuño de 2006.
- Xa non hai ningunha dúbida- O Goberno negociou politicamente cos terroristas. Ademais, Zapatero se comprometeu a respectar, como pide ETA, o marco vasco de decisión.
- Son feitos moi graves. Graves en si mesmos, porque demostran a inmoralidade deste Goberno e o seu presidente.
- Zapatero xa recoñeceu que seguíu negociando cos terroristas tralo atentado da T-4, pese as súas mentiras de aqueles días.
- Os españois xa saben como é Zapatero. Saben o que fixo e saben que mentiu. Non só cambiou a política antiterrorista que funcionaba, a de todos xuntos contra ETA, senón que a substituíu por unha estratexia de cesións e mentiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario