- A Xunta de Galicia permanece impasible no tocante a folga de transporte sen intermediar e sen procurar unha solución real ao problema das mercadorías no noso país.
- O PPdeG propón solucións para a mellora da cualificación do sector e para a mellora da competitividade dun sector cun grave problema de atomización, infraestruturas e formativo.
- O PPdeG solicita a implantación de Centros de Formación Profesional nas catro provincias galegas xa que os únicos centros funcionando na actualidade foron implantados polo goberno anterior.
- Así mesmo, propón un plan de concentración de empresas para mellorar a competitividade, incentivando fiscalmente e potenciando a figura do sector de concentracións, habilitar aparcamentos para vehículos industriais e patios de operacións nos polígonos industriais e construcción de áreas de descanso nas VAC´S en servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario