- O PPdeG denuncia e lamenta que os grupos parlamentarios do PSdeG e do BNG no Parlamento se negasen a apoiar unha declaración institucional na Cámara autonómica en defensa da convivencia pacífica e para expresar a repulsa desa institución contra a violencia independentista que onte tivo como obxectivo á deputada autonómica e presidenta do Partido Popular no País Vasco, María San Gil.
- O PPdeG non acaba de entender as razóns que pode agochar a cerrazón de socialistas e nacionalistas, tendo en conta que tal proposta reivindica a absoluta defensa dos principios e valores democráticos que deben presidir a convivencia de todos os cidadáns e busca o rexeitamento de calquera expresión ou comportamento que poda perturbar esa coexistencia pacífica.
- O PPdeG condena o intento de agresión á deputada popular vasca e presidenta do PP do País Vasco, María San Gil, e á agresión aos seus escoltas.
- O PPdeG considera que estes actos son uns actos gravísimos, dentro dunha Facultade, templo á liberdade de expresión e a liberdade de cátedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario