TRADÚCEME

13 febrero 2008

O PPDEG RECLAMA ADIANTAR A IMPLANTACIÓN DO GASÓLEO PROFESIONAL AGRÍCOLA

- O PPdeG insta á Xunta e ao Goberno central a adiantar aos primeiros meses de 2008 a implantación do gasóleo profesional agrícola, previsto para 2009, para reducir o impacto da crise sobre as explotacións galegas.

- A implantación do gasóleo profesional agrícola permitiría baixar o IVE aplicable a este combustible do 16% actual a un 7%, coa conseguinte redución no prezo final que deben aboar agricultores e gandeiros.

- Esta proposta xorde para facer fronte á situación insostible na que está inmerso o sector primario de Galicia. Recordar que o prezo dos pensos aumentou un 40% nos últimos meses, mentres que os fertilizantes o farán arredor dun 45%.

- Con estes datos enténdense o elevado abandono da actividade no sector lácteo que está a rexistrar o campo galego, cun 40% máis de solicitudes en 2007 ca en 2006.

- Datos recentes sitúan os abandonos en 25.000 toneladas na Coruña (cunha media de 58.000 quilos por explotación); 22.000 toneladas en Lugo (70.000 quilos/explotación); e máis de 6.000 toneladas en Pontevedra.

- Subliñar tamén as dificultades dos gandeiros que se dedican á produción de carne: mentres os prezos en orixe baixaron entre un 15 e un 30%, os pensos medran arredor dun 40% e os prezos de cebada, trigo e millo aumentaron un 90, 78 e 64%, respectivamente, no último ano.

- O PPdeG reclama unha estratexia conxunta da Xunta e do Goberno central para preparar o sector vacún de leite ao novo marco que se aveciña, coa desaparición das cotas de produción en 2015.

- España ten unha cota anual de 6.100.000 toneladas, pero o consumo real é de arredor de 10 millóns anuais. Sen embargo, o Goberno só conseguiu un incremento de cota de 125.000 toneladas. Pola contra, países excedentarios en produción,como Francia, disporá de 485.000 toneladas adicionais. Iso significa, que a longo prazo, os prezos do leite volverán baixar, prexudicando de novo aos gandeiros galegos por dispoñer de menor capacidade de produción.

- Lembrar que nas dúas lexislaturas do PP no Goberno central, Galicia viu aumentada a súa cota cunha asignación adicional de 163.000 toneladas de leite, superior á conseguida agora para todo o Estado, malia que o consumo de lácteos medra exponencialmente en todo o mundo.

No hay comentarios: