TRADÚCEME

12 febrero 2008

A XUNTA, EN LUGAR DUN ALICIENTE É UN ESTORBO CO 73% DO PRESUPOSTO DE INVESTIMENTO SEN GASTAR A SETEMBRO DE 2007

- A situación de parálise que se está a vivir en Galicia, cunha desaceleración económica e un cambio de ciclo preocupa cando analizamos os datos oficiais a 30 de setembro da execución presupostaria da Xunta, tendo en conta que:
- 8 consellerías teñen sen gastar máis do 60% do seu presuposto

- Dos 2.785 millóns de euros ten sen executar 2.069 millóns.

- A execución de investimentos dos presupostos do 2007 é peor en dous puntos que a do ano 2006, incrementándose a ineficacia do bipartito e demostrándose que a parálise en lugar de mellorar vai a peor.

- PESCA.- en plena crise do sector da pesca e da acuicultura a Consellería de Pesca, a 30 de setembro, tiña sen executar o 81% do seu presuposto, o que supón 257 millóns de euros.

- VIVENDA.- con importantes subidas dos prezos da vivenda, con dificultades para pagar os alugueres da vivenda e con problemas para seguir pagando unha hipoteca que se duplicou polos intereses, a Consellería de Vivenda, a 30 de setembro, tiña sen gastar o 77% do seu presuposto (100 millóns de euros).

- INDUSTRIA.- ante unha evidente necesidade de facer fincapé nos investimentos de I+D, a Consellería de Industria deixou sen gastar, na mesma data, un 77% do seu presuposto (292 millóns de euros).

- POLÍTICA TERRIORIAL.- mentres a Consellería de Política Territorial tiña que estar a impulsar a economía a través da vertebración do territorio, a 30 de setembro, tiña sen executar 0 75% do seu presuposto (450 millóns de euros).

- As Consellerías non traballan, non executan e non axudan a dinamizar a economía galega.

- Despois de analizar os datos dos gastos de investimento das Consellerías está sen executar o 73% do presuposto a 30 de setembro, o que significa que hai moitas dificultades para gobernar, según proban os feitos.

- A Xunta boicotea os seus propios presupostos.

- Primeiro se pelexan por conseguir diñeiro e logo non son capaces de gastar o presuposto que ten asinado nos presupostos da Xunta de Galicia.


Algúns dos programas con execución menor ao 50%:



Programas con crédito inicial superior a 5 millones Grado de ejecución
(%)
Conciliación da vida laboral e persoal e outros servizos de protección social 0
Mellora e fomento da empregabilidade 18,8
Intermediación e inserción laboral 15,3
Integración laboral de colectivos desfavorecidose en risco de exclusión 46,6

Formación profesional desempregados 38,4
Formación profesional desempregados.FSE 21,4
Fomento da sociedade da información e do coñecemento 26,3
Plan de investigación, desenvolvemento e innovación tecnológica 16,2
Prevención do abandono escolar 25,1
Investigación universitaria 20,1
Bibiotecas, arquivos, museos e equipamentos culturais 33,8
Regulacións das producións e dos mercados de pesca 13,7
Competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura 9,7

Promoción social e divulgación da tecnoloxía pesqueira 27,5
Mellora calidade na produción agroalimentaria 22,6
Implantación de sistemas produtivos agrarios sustentables 19,6
Mobilidade de terras agrarias improdutivas 5,1
Modernización e diversificación do texido produtivo rural 14,5
Fomento do asociacionismo agrario e divulgación da tecnoloxía agraria 5,5

Pensións e prestacións asistenciais 48,8
Servizos sociais de prestacións as familias e a infancia 38,0
Servizos sociais de atención a persoas con discapacidade e dependentes 49,9

Accións para igualdade, protección e promoción da muller 21,2

- Chama a atención que o que se autoproclamou Goberno do cambio, non executase nos nove primeiros meses de 2007 nin un só euro do programa de conciliación da vida laboral e familiar.

- Porcentaxes de execución anormalmente baixas, por debaixo do 10%, rexístranse tamén en programas como o de desenvolvemento infraestrutural e empresarial relacionados coa sociedade do coñecemento (2,2%), infraestruturas pesqueiras (4,3%), mobilidade de terras agrarias (5,5,%), integración de colectivos desfavorecidos en risco de exclusión social (5,7%), ou competitividade e mellora da calidade dos produtos pesqueiros (9,7%).

- O retraso na execución de infraestruturas tradúcese nunha perda de competitividade para a economía galega, ao tempo que os recortes presupostarios e a menor porcentaxe do mesmo que se executa en cada exercicio impide xerar riqueza e crear emprego en ramas de actividade que podan actuar como alternativa á crise que atravesa o sector da construción.

No hay comentarios: