- Ante as inxurias do Partido Socialista ao presidente do PPdeG na súa viaxe a México, o Partido Popular de Galicia lembra que o PSdeG si cometeu máis dunha irregularidade, probada documentalmente, e en termos moito máis graves dos que agora se nos imputan sen proba algunha.
- Así, os socialistas víronse obrigados a admitir:
- que pagaban por cada voto das municipais na localidade de Vila de Cruces (hai mails internos dos socialistas que o certifican)
- que Touriño deu vales de comida gratuítos pagados pola Xunta nun mitin do PSDEG en Costanera (os tickets alí entregados, con membrete do Goberno galego, demóstrano)
- que usaron a Fundación Galicia Europa en Bruxelas para convocar a mitins dos socialistas (os correos remitidos desde os computadores de devandita institución certifícano)
- que pediron o voto para o PSdeG a través de cartas que incluían o membrete de concellos galegos, cartas que se pagaron ademais con diñeiro público (existen copias desas cartas)
- que o secretario xeral do PSOE en Uruguai entregou cheques asistenciais por valor total de 103.200 euros que pagaba en realidade a Xunta (hai imaxes, testemuñas e probas documentais de que se entregaron 344 cheques de 300 euros a cada unha das persoas que acudiron a ese acto).
- E todo iso sen esquecer que o socio de Goberno do señor Touriño, o BNG, acúsalle a el directamente de dar mitins para os emigrantes fóra das nosas fronteiras con diñeiro de todos os galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario