- O PP ten un programa electoral para toda España e para todos os españois.
- Cuns obxectivos claros e ambiciosos en materias como a loita contra o terrorismo, a política exterior, a economía e as políticas sociais.
- Un programa para derrotar a ETA, para loitar contra a maior ameaza a nosa liberdade, un programa que reafirma o compromiso co Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo.
- Un programa que aposta por construír España entre todos, reivindicando o que nos une e nos fai libres e iguais.
- O PP defenderá a igualdade de todos como unha conquista asociada á liberdade.
- A política exterior será outra das prioridades do PP.
- Outro dos obxectivos do programa electoral é conseguir que a nosa economía sexa unha das máis avanzadas e máis dinámicas do mundo. O PSOE recibiu a mellor herencia económica da historia da democracia e desaproveitou esa oportunidade.
- A oferta do PP inclúe, entre outras, medidas para que os mileuristas non paguen IRPF, para acabar co descontrol do gasto público, para evitar a política nos organismos reguladores e nas institucións, para garantir a unidade de mercado e a eficiencia da económica, para que os traballadores sexan o centro da política económica e que teñan a oportunidade real de conciliar a súa vida persoal e laboral.
- O PP tamén defende a igualdade real entre homes e mulleres. Por iso ten o programa con políticas de igualdade máis ambicioso de toda a democracia española. Como exemplo, destacar a deducción no IRPF para a muller traballadora, as novas bonificacións sociais para as nais que queiran reincorporarse ao mercado laboral e a ampliación do permiso de paternidade e maternidade.
- O PP, ademais, apostará pola educación como motor de progreso e convivencia para conseguir unha sociedade máis dinámica e competitiva, pola modernización ecolóxica da economía e pola solidariedade e integración con respecto á inmigración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario