- Rajoy foi o claro vencedor do debate entre os candidatos á Presidencia do Goberno. Venceu nos cinco bloques no que estaba estructurado.
- Rajoy demostrou que coñece os problemas dos españois e que ten un proxecto de futuro con solucións concretas.
- Rajoy dixo en todo momento a verdade e chamou ás cousas polo seu nome.
- O candidato do PP puxo en evidencia que os catro anos de Goberno de Zapatero foron catro anos perdidos para España. A falta de atención aos problemas, as prioridades equivocadas e a mala xestión do Goberno fan que a lexislatura termine con crise na economía, un modelo educativo fracasado e un debate territorial moi preocupante.
- Zapatero negouse a falar dos problemas dos españois. Foi insensible. En lugar de ofrecer solucións aos problemas dos cidadáns, preferiu ignoralos e ocultalos. Para elo voltou a facer, como durante toda a lexislatura, oposición á oposición e relectura do pasado, ao que dedicou máis do 60 % do tempo de que dispuxo.
- É grave que un presidente do Goberno non saiba qué facer para solucionar os problemas da xente, pero máis aínda que dedicase gran parte dos seus tempos de intervención no debate a mentir e a enganar aos españois.
- Rajoy colleu a Zapatero en varias mentiras en directo e ante todos os españois. Zapatero mentiu sobre o número de inmigrantes ilegais que hai en España. Tamén mentiu cando negou que coñecese o Pacto del Tinell. Mentiu, entre outros asuntos, cando dixo que a taxa actual de paro é a máis baixa da democracia, que as contas públicas pecharon en todos os anos da lexislatura con superávit, que España ten para este ano a previsión máis alta de crecemento para a Comisión Europea, e que o Decreto-Lei de medidas laborais de 2002 incluía o despido libre.
- Zapatero non falou dos prezos, non falou da familia, non falou de impostos, non falou da competitividade das empresas, non falou do que lles custa pagar aos españois as súas hipotecas.
- Zapatero non explicou ningunha medida de futuro e foi notoria, por exemplo, a súa falta de programa en materia de inmigración.
- Rajoy foi ao debate a presentar unha alternativa de Goberno. Zapatero acudiu ao debate para ocultar a verdade e alimentar a tensión. Ambos candidatos foron coherentes co que está sendo está campaña: Rajoy, coa cabeza e o corazón; Zapatero, tensión e drama con todas as súas forzas.
- A tensión e o dramatismo poden dar algún resultado na escenografía monocolor dun mitin, pero non valen nos debates.
- Rajoy venceu con argumentos e convencido con razóns. Rajoy ten propostas e Zapatero non.
- A estratexia de tensión de Zapatero chocou contra o muro dos argumentos de Rajoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario