- O PP eliminará o 100% dos puntos negros da estradas, dos que 20 están en Galicia.
- Outra prioridade será a mellora do transporte urbano e interurbano.
- O programa electoral do PP recolle o estudio en profundidade do metro lixeiro nas cidades de Vigo e A Coruña, unha infraestrutura que a sociedade civil de ambas urbes demanda. Hai que solucionar os problemas de mobilidade que teñen as grandes cidades, e iso pasa por dotar aos cidadáns dunha rede de transporte operativa.
- O PPdeG pedirá que, ata a eliminación total dos puntos negros das estradas galegas, o diñeiro que recade o Estado por multas de tráfico en Galicia destínese a acabar cos puntos negros que ten a nosa rede viaria. A conformación desa partida sería adicional ao investimento que xa de seu faría o Estado en materia de seguridade viaria e mellora das nosas estradas, e non substituiría o gasto estatal.
- Galicia ten dereito a un AVE como xa ten Andalucía dende hai 15 anos e como ten agora Segovia e Ciudad Real, poblacións con menor numero de habitantes.
- Melloras no sistema ferroviario galego, de forma que sexa capaz de ser unha alternativa atractiva para os usuarios que habitualmente se desprazan ás grandes cidades en coche. Modernizar as estacións galegas, mellorar o servizo de cercanías entre A Coruña e Ferrol e A Coruña e Santiago, e sobre todo eliminar todos e cada un dos pasos a nivel que na actualidade están xerando problemas de seguridade nas vías galegas.
- A cidade da Coruña e os concellos que conforman a súa área metropolitana constitúen un dos paradigmas máis representativos do abandono no que o Goberno de Zapatero sumiu a Galicia durante a pasada lexislatura.
- Como exemplos deses incumprimentos, recordar que:
- continúa sen executarse tanto o novo acceso ao aeroporto de Alvedro como o plan director anunciado para mellorar as súas instalacións ou como a terceira rolda.
- As obras do porto exterior de Punta Langosteira, chamado a dinamizar a actividade económica da cidade herculina e de toda a área de influencia estanse efectuando con retraso, tanto as do peirao como as dos seus accesos a través dunha estrada de preto de 6 quilómetros.
- A pesar da crecente saturación da rede viaria da cidade, o Ministerio de Fomento acomete con retraso a conexión entre Lonzas e A Zapateira. Os retrasos son tamén a tónica dominante en materia de medio ambiente, como se evidencia a EDAR de Bens e mailo emisario submarino asociado a esa estación.
- En materia de alta velocidade ferroviaria, constátase o incumprimento da promesa de poñer en servizo todo o eixo atlántico no ano 2007 e, á vista dos acontecementos, queda de manifesto que non rematará na súa totalidade ata os anos 2013-2015. Peor é aínda a situación da conexión entre A Coruña e Ferrol, xa que o Goberno socialista sementou serias dúbidas e puxo en entredito a execución dese trazado. De feito, decidiu redactar un novo estudo informativo, o que, no mellor dos casos, retrasa o remate e a conclusión das obras un mínimo de 6 anos sobre a previsión inicial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario