- O Goberno do PP definirá, impulsará e coordinará as políticas de familia de todo o Goberno, e de éste con outras Administracións, a través do Ministerio de Familia e Benestar Social.
- Garantirá un mínimo común de protección á familia en todo o territorio nacional.
- Aprobará un Plan específico para chegar ao nivel de axudas á familia que teñen en outros países do noso entorno. España destina 24 euros por fillo a cargo, mentres Alemaña destina 154 euros, Italia 72 e Reino Unido 101.(Informe de Evolución da Familia en Europa 2006)
- Aumentará o gasto social e reducirá a carga tributaria das familias. Mellorará as axudas por nacemento ou adopción.
- Porá en marcha un plan de choque con reformas económicas que atacará, entre outras cousas, ao peor e máis inxusto dos impostos que pagan as familias españolas nestes momentos, que é a inflación galopante.
- Favorecerá uns horarios laborais e comerciais máis flexibles, que permitan a conciliación da vida laboral e familiar.
- Apoiará ás mulleres que traballan fóra de casa para lograr a igualdade real cos homes nas labores do fogar e o coidado de nenos e maiores.
- CON ZAPATERO É IMPOSIBLE.- Zapatero non adoptou medidas a favor da familia e conxelou, durante a Lexislatura, os presupostos destinados ás familias, que nos oito anos do PP se cuadruplicaron.
- Pese a que non aumentaron eses presupostos, as familias españolas, con Zapatero, viron crecer os seus gastos en máis do 25%.
- España é o país que menos gasto social destina á familia, un 0,5% do PIB fronte ao 2,2% da media europea, catro veces menos que o conxunto dos países da Unión, segundo recolle o informe “Evolución da Familia en España” de 2006 realizado polo Instituto de Política Familiar.
- Ademais, o Goberno non cumpliu os seus compromisos electorais: crear unha Secretaría de Estado para o benestar e protección da familia, poñer en marcha o Observatorio da Familia ou aprobar a Lei de apoio ás familias con necesidades especiais -numerosas, monoparentais ou con cargas de dependencia-.
- O Goberno socialista non incrementou a axuda de 100 euros ás nais que traballan fóra do fogar, rexeitou a exención de taxas universitarias para familias numerosas e non construíu as 300.000 prazas de gardería prometidas no seu programa electoral. A política de familia con Zapatero, simplemente, non existíu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario