- Deste xeito, o PP demostra, unha vez máis, o seu interese de celebrar os debates, e que estes podan ser seguidos polo maior número posible de cidadáns, poñendo punto e final ao despropósito de mentiras e insultos verquidos polo PSOE nas últimas semanas.
- Os socialistas seguiron a estratexia de Zapatero, enchendo de tensión e dramatismo a precampaña electoral, e buscando, permanentemente, a provocación e o enfrontamento, co oculto desexo de que ao final non houbese debates.
- Haberá debates, porque o Partido Popular así o quere, e porque os cidadáns o merecen. E será un debate de ideas e propostas porque non caberá nel, a tensión e o drama que tanto lle gusta a Zapatero.
- O PSOE ten que explicar aínda, por qué razón se negaron tan rotundamente, a que os debates se celebraran nas dúas cadeas de televisión preferidas polos cidadáns –con aproximadamente o 40% de audiencia-, e que acreditaron un maior pluralismo e independencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario