- Esto foi o que dicho Zapatero cando cría que ninguén lle oía: “Nos conviene que haya tensión”, “voy a dramatizar”. Esa é a súa verdadeira estratexia nestas eleccións.
- A única estratexia de Zapatero é a crispación porque sabe que non ten capacidade para mobilizar ao seu electorado de outra maneira.
- Zapatero carece de balance, non transmite ilusión e non foi capaz de articular propostas.
- A Zapatero non lle interesa confrontar ideas de forma serena con Rajoy.
- Zapatero, en público, acusa ao PP de crispar e en privado recoñece que é a el e so a el a quen lle interesa a crispación.
- Zapatero quere tensión e por iso insulta. Zapatero quere dramatizar e por iso está axitando o voto do medo contra o PP.
- Zapatero non quere que os españois voten os programas e as propostas. Quere que voten con medo. Pero non o vai conseguir porque os cidadáns son moito máis maduros e intelixentes do que Zapatero pensa ou do que Zapatero querería.
- Fronte a iso, o PP: propostas constructivas, ideas claras e principios sólidos.
- Rajoy ten un programa de rebaixa de impostos, de subida de pensións, de control da inmigración irregular, de loita contra a inseguridade… Zapatero só ten insultos e mentiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario