- Dentro de 15 días, Galicia ten unha cita coa súa historia.
- Un novo capítulo que se escribirá cun Presidente galego que exerce de galego, cun presidente do Goberno ao que non haberá que contarlle cales son os problemas de Galicia porque el os viviu en primeira persoa.
O PP, UN PARTIDO QUE QUERE O MESMO QUE OS CIDADÁNS
- Aos defraudados con esta Xunta e con Zapatero, hai que dicirlles que o PP si respostará ás expectativas da xente porque, a diferencia do PSOE, o PP quere o mesmo que os cidadáns:
- queremos unha Educación que eduque en liberdade e non que adoctrine;
- un Goberno que cree para os cidadáns empregos que querería para os seus fillos;
- queremos que chegar a fin de mes non sexa un problema 12 veces ao ano.
- O PP gañará as eleccións porque a este partido lle importa o mesmo que a todos os cidadáns:
- impórtanos que vivamos a peor situación económica da década;
- que os salarios dos galegos sexan os máis baixos de España e que, sen embargo, os prezos suban máis que no conxunto do Estado;
- que creza o desemprego e que 9 de cada 10 empregos que se creen sexan temporais;
- que as mulleres cobren menos polo mesmo traballo que os homes;
- que non xeremos novas oportunidades con novas infraestructuras;
- e que non se poda camiñar e falar con liberdade no País Vasco
O NERVIOSISMO E A TENSIÓN DO PSOE RESPONDE AO REMORDEMENTO QUE PROVOCA O DEBER NON CUMPRIDO
- O Partido Socialista está nervioso e intranquilo porque non fixo os deberes e agora ten que prometer outra vez o mesmo que prometera fai catro anos.
- Cada vez que escoitedes do PSOE algunha idea sobre cota láctea, estarán recoñecendo que prexudicaron durante catro anos aos nosos gandeiros.
- Cada vez que escoitedes do PSOE algo sobre a Lei de Dependencia, estarán recoñecendo que non foron quen de acadar que alomenos houbera un só beneficiado.
- Cada vez que escoitedes ao PSOE falar de medidas económicas, estarán recoñecendo que vivimos a crise á que eles mesmos nos levaron.
- Cada vez que escoitedes ao PSOE dicir AVE, estarán recoñecendo que non fixeron nada.
TOURIÑO, PRESIDENTE DUN GOBERNO CON MOITAS SOMBRAS- Despois dos actuais sucesos acontecidos no Executivo autonómico, onde varios membros do Goberno que preside Touriño están imputados por diferentes causas, como é o caso da adxudicación da Autovía do Barbanza e o desastre de miles de peixes que morreron no embalse de Fervenza, so cabe dicir:
- Os galegos comezan a darse conta de que Touriño é algo máis que un presidente gris, é o presidente dun goberno con moitas sombras de neglixencia.
UNHA AXENCIA ESTATAL DE SEGURIDADE, UN GRAN REMOLCADOR DE ALTURA PARA AUXILIO DE BUQUES, POR EN MARCHA A AXENCIA EUROPEA DE PESCA
- As propostas do PP en materia de Pesca:
- Creación da Axencia estatal de seguridade
- Un gran remolcador de altura para auxilio de buques
- Posta en marcha da Axencia Europea de Pesca
- Salvagardar os intereses do sector pesqueiro galego que opere en terceiros países
- Poñer en marcha un Plan de competitividade do sector pesqueiro e que a nosa diplomacia española –o goberno- sexa capaz de que os mariñeiros galegos gañen cando van a negociar a Europa
- Apostar pola renovación da flota, dotala dos máis modernos medios tecnolóxicos, e potenciar a formación das tripulacións
- Impulsar a máxima coordinación entre as administracións estatal e autonómica, co fin de lograr unha maior eficacia e eficiencia no uso dos recursos destinados ao salvamento marítimo e loita contra a contaminación
- Fomentar a coordinación entre Salvamento Marítimo e a Xunta, de cara a optimizar a resposta dos servizos de Urxencia en situacións de risco
- Galicia converteuse nunha potencia mundial en acuicultura, por iso, compre impulsar o desenvolvemento da acuicultura e consolidar o liderazgo de Galicia na cria de novas especies como o linguado, o besugo e o polbo
- A pesca e a acuicultura son un dos sectores económicos con crecemento continuado na súa achega ao valor engadido bruto de Galicia. Ademais, o sector pesqueiro segue a ser un sector laboral importante en Galicia, cun emprego total que se mantén arredor dos 34.000 postos de traballo directos.
- O Plan de Reactivación do Sector Pesqueiro 2008, aprobado pola ministra Espinosa, recoñece o incumprimento do paquete de medidas semellante anunciado xa hai tres anos e que aínda hoxe segue pendente de materializarse.
- A liña de axudas aprobado neste ano a través de préstamos do ICO financiados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación non é máis que a materialización das axudas do Plan de Acción do 2005, tamén elaborado polo MAPA e que aínda continúan pendentes de recibir os armadores.
- Máis do 90% dos armadores galegos non se beneficiaron do Plan de Acción do 2005 que a Ministra firmou a finais de outubro daquel ano, a pesares de que solicitaron axudas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario