TRADÚCEME

12 febrero 2008

A CANDIDATA DO PSOE EN OURENSE, ELENA ESPINOSA, EMPREGA DIÑEIRO PÚBLICO DO MINISTERIO PARA FACER UNHA VIAXE A ARXENTINA A UNHA SEMANA DO INICIO DA CAM

- A candidata do PSOE ao Congreso por Ourense, Elena Espinosa, empregará diñeiro público do Ministerio para facer unha viaxe a Arxentina esta semana, tal e como convoca o propio Ministerio.

- A candidata do PSOE esperou a estar a unha semana do inicio da campaña electoral para facelo e xa cando ocupa o seu cargo coas Cortes xa disoltas, por puro electoralismo e interese partidista.

- Ninguén se pode crer que esta viaxe, ao lugar de todo o Mundo onde residen máis emigrantes galegos, xurda dunha maneira espontánea pola axenda propia dun Ministro, xusto antes de que se celebren as votacións .

- Os billetes de avión e a estancia, tanto da comitiva como da propia Ministra, estarán sufragados por diñeiro de todos os españois, o que sae do Ministerio que ocupa en funcións, que é quen convoca esta viaxe, que cualifica ‘de oficial’.

- Ante esta situación, o PPdeG pide a Emilio Pérez Touriño que aplique a súa vara de medir e recorda que o PPdeG non gastou un só céntimo de diñeiro público mentres que o PSOE vai gastar miles de euros do Ministerio para que a súa candidata se pasee por Arxentina, a unha semana de que comece a campaña electoral.

- O PPdeG entende que o Secretario de Organización, Ricardo Varela, pedirá a dimisión inmediata da Ministra e se disculpará ante as calumnias verquidas sobre o PPdeG.

- Tanto Elena Espinosa como César Antonio Molina, candidatos do PSOE, están a empregar os recursos dos seus Ministerios –diñeiro, coches oficiais e asesores-, que ocupan en funcións, para facer precampaña electoral en Galicia. Válense do diñeiro dos impostos dos cidadáns para tratar de medrar, pero a estas alturas xa non lles cre ninguén.

No hay comentarios: