TRADÚCEME

25 enero 2008

A XUNTA DEIXA ABANDOADAS AS 160.000 FAMILIAS GALEGAS CASTIGADAS CUNHA SUBA DO 50 % POLO CAMBIO DA TARIFA NOCTURNA

- O PPdeG considera que a actitude amosada pola Consellería de Industria revela que a Xunta claudicou no exercicio das súas responsabilidades e está a deixar abandonadas á súa sorte ás 160.000 familias galegas que teñen contratada tarifa eléctrica nocturna e que, a partir do vindeiro 1 de xullo, deberán facer fronte a un crecemento do gasto de arredor dun 50%, sumando o consumo eléctrico e mailas facturas derivadas das reformas necesarias nas instalacións domésticas.

- Que o conselleiro de Industria anuncie agora que se vai dirixir ao ministro do ramo para pedir a retirada do novo marco tarifario hai que interpretalo como unha reacción tardía da Xunta, pero igual de inservible, despois das denuncias efectuadas polo PPdeG pola situación de indefensión na que se atopan as familias afectadas.

- Fronte a esta manobra da Xunta para tratar de recuperar o protagonismo, o PPdeG pregunta á Consellería de Industria qué fixo mentres a Comisión Nacional da Enerxía tramitou o Real Decreto no que se fixan as novas tarifas eléctricas, tendo en conta que a Administración autonómica conta con representación propia nese órgano.

- ¿Por qué a Consellería de Industria no momento da tramitación desta normativa non xerou opinión en Galicia para conseguir o rexeitamento da medida?.

- O PPdeG recorda que empregar a vitrocerámica, poñer a lavadora, pasar a aspiradora ou pasar o ferro entre as 11,00hs e as 21,00hs será un 35% máis caro a partir do 1 de xullo.

- A este incremento da factura haberá que sumar entre 500 e 600 euros de sobrecuste derivado das reformas que os usuarios da tarifa nocturna deberán efectuar nas súas instalacións eléctricas domésticas, o custe dos novos limitadores, o novo contrato e o cambio das resistencias dos acumuladores.

- O incremento tarifario, unido aos desembolsos adicionais xa sinalados fará que o desembolso familiar final en electricidade supoña entre un 49 e un 50% máis ao remate de 2008.

No hay comentarios: