TRADÚCEME

25 enero 2008

O PPdeG ESPERA A TODA A FAMILIAPOPULAR O SABADO 26 DE XANEIRO NA CONVENCIÓN QUE O PARTIDO ORGANIZA EN SANTIAGO

- O PPdeG anima a todos os militantes e simpatizantes do partido a asistir o próximo sábado, 26 de xaneiro, no Multiusos Fontes do Sar de Santiago, á Convención que organiza o PPdeG para apoiar ao presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, na súa carreira cara a Moncloa.

- Máis de 8.000 afiliados e simpatizantes do PPdeG diránlle a Mariano Rajoy que creen nel e que non dubidan de que é o presidente que España necesita.

- Nesta campaña, o PP precisa, máis ca nunca, de todos os seus afiliados e simpatizantes para que o as súas propostas e ideas cheguen a todos os cidadáns.

Mariano Rajoy, o mellor para Galicia.-

- Galicia ten agora a oportunidade histórica de que o próximo Presidente do Goberno sexa un galego.

- O PPdeG está convencido de que Rajoy será o próximo Presidente do Goberno por personalidade, programa e equipo.

- Mariano Rajoy coñece de primeria man os problemas e necesidades dos galegos e con Mariano Rajoy, Galicia deixará de ocupar o último lugar nas prioridades do Goberno.

- A lexislatura de Zapatero foi unha lexislatura perdida para Galicia.

- Galicia precisa un presidente do Goberno central con vocación de servizo público, responsable e que se poña ao fronte dos problemas.

- É hora de que Galicia e España recuperen o tempo perdido.

No hay comentarios: