- O PPdeG volveu instar ao presidente da Xunta a que cambie a política de xestos pola política de feitos e mova ficha antes de que a economía toque fondo como consecuencia da crise na que está inmersa e que afecta especialmente ás familias galegas, que para chegar a fin de mes deben gastar unha media de 300 euros máis ca hai un ano, como consecuencia da subida dos prezos dos produtos básicos, da enerxía e das hipotecas.
- O PPdeG reclamou na reunión da Deputación Permanente, a convocatoria dun pleno extraordinario da Cámara para que a Xunta explique con urxencia qué medidas ten previsto adoptar para minimizar o impacto da situación sobre as familias e sobre as empresas, tratando de evitar regulacións de emprego que empeorarían a situación.
- Sobre o anuncio, efectuado polo presidente da Xunta, de promover a licitación de obra pública para suavizar os afectos da ralentización económica, subliñar a tardanza da medida, que refrenda as teses defendidas polo PPdeG no debate de Orzamentos da Xunta para 2008, que reclamaban potenciar o investimento, reducir o gasto corrente e poñer en marcha medidas fiscais de apoio ás familias e ás empresas.
- Lembrar tamén que nas contas da Xunta para 2008 o investimento só medra un 3,3%, cifra que, na práctica supón unha redución respecto ao ano anterior, posto que a inflación quedou situada no 4,1%. En termos reais, e de acordo con esta previsión, o investimento reducirase case 1 punto.
- Que o ano 2007 rematase cunha suba dos prezos do 4,1% en Galicia; que a confianza do consumidor teña descendido máis de 20 puntos desde xullo de 2007; que o paro aumente sistematicamente desde xullo, con 14.984 desempregados máis en medio ano; ou que a afiliación á Seguridade Social camiñe por sendas de desaceleración (do 4,7% de crecemento en xuño ao 2,9% de decembro) son datos que deberían facer reflexionar ao Goberno galego.
- Lembrar amais que os expertos coinciden ao sinalar que as bolsas de valores adoitan predicir, con medio ano de adianto, os cambios da conxuntura económica.
- Nesta liñas, as caídas xeneralizadas do mercado de valores desde comezos do ano debe ser considerada como unha advertencia moi seria de que se aveciñan tempos de vacas fracas ante os que é imprescindible estar preparados.
- Ata o de agora, a Xunta dedicouse a dilapidar a herdanza económica do Goberno anterior, seguindo un rumbo equivocado, como incrementar o gasto corrente (situado nun 9% en 2008, triplicando o crecemento dos investimentos) e aparcando prioridades como o I+D+I ou a educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario