TRADÚCEME

31 enero 2008

TODOS OS SECTORES CONTRA O CHEQUE-CAMPAÑA DE 400 EUROS; UNHA MEDIDA FRÍVOLA, CACIQUIL E POPULISTA

- Todos os partidos políticos e todos os estamentos sociais, incluso algúns sectores do propio PSOE, coinciden co Partido Popular na crítica ao cheque-campaña de 400 euros que Zapatero anunciou o domingo.

- Tamén UGT, o sindicato socialista, se opón rotundamente á absurda proposta de Zapatero.
- Finalmente todo o Goberno tivo que saír en tromba a rectificar, matizar e aclarar as palabras de Zapatero. Os 400 euros, din agora, non se pagarán dunha vez, senón que se abonarán en doce veces, como desconto ás retencións.

- Os socialistas demostran así que no teñen modelo fiscal. Eles non apostan por baixar os impostos ni por mellorar o sistema de retencións. O seu é dar propinas no tempo de eleccións.

- Os 400 euros de Zapatero son unha medida frívola, caciquil e populista. Un intento de comprar votos en toda regra. Unha manobra propia de quen non ten un proxecto ni é capaz de presentar un mínimo balance de xestión.

- Os 400 euros non son tampouco suficientes para indemnizar ao conxunto dos españois por todos os problemas que este Goberno causou nesta lexislatura.

- Esta promesa demostra o nerviosismo que cunde nas filas socialistas. Vense perdedores nas eleccións e non saben qué facer para gañarse o favor dos votantes. Como non poden convencer aos cidadáns, intentan comprarlles o seu voto.

- Zapatero non acerta nin cando rectifica. O vimos cos impostos: primeiro sube a presión fiscal tres puntos e logo quere dar una paga compensatoria. Tamén o vimos coa política sobre terrorismo: primeiro deixa que ANV e PCTV entren nas institucións e agora cando xa están dentro, as quere ilegalizar.

- Alguén debe decirlle a Zapatero que a mellor forma de solucionar algúns problemas é non crealos.

- A solución non é devolver impostos porque cheguen as eleccións, senón rebaixalos.

- A solución non é ilegalizar agora a ANV e PCTV, senón evitar que se presentaran ás eleccións.

No hay comentarios: