TRADÚCEME

31 enero 2008

ESPAÑA EXCLUÍDA DA REUNIÓN DE POTENCIAS ECONÓMICAS EUROPEAS

- Zapatero caeu da convocatoria.

- Aínda que o presidente dixo en setembro de 2007 que ‘España xoga na Champions League da economía mundial’, o certo é que onte España foi excluída da reunión de potencias económicas europeas celebrada en Londres.

- En Londres, reuníronse os principais líderes europeos. Francia, Alemaña, Italia, o Reino Unido e a propia Comisión europea coordinarán a resposta de Europa fronte á crise. Ninguén se acordou de invitar a Zapatero a esta reunión.

- Zapatero prometeu que España regresaría ao corazón de Europa. Unha promesa máis que se quedou en nada. Hoxe non pintamos nada en Europa.

- Este é o momento de maior irrelevancia desde a nosa entrada na Unión Europea.

- O irrelevante papel exterior de Zapatero pásanos factura a todos os españois, que non poderemos estar representados onde se toman as grandes decisións sobre a crise. España, que non faltou a ningunha reunión dos cinco grandes países da UE na pasada lexislatura.

No hay comentarios: