- O PPdeG marca un DOBRE OBXECTIVO electoral ás súas candidaturas para o Congreso dos Deputados e o Senado nas próximas Eleccións Xerais:
- que o PPdeG volte a ter maioría absoluta en Galicia, o que non acada desde 2001;
- e que un membro do PPdeG sexa o próximo Presidente do Goberno.
- O PPdeG síntese satisfeito por poder presentar un equipo tan completo e pola dispoñibilidade de todos os membros do partido para colaborar nestas Eleccións.
- Unha dispoñibilidade que se puido comprobar na Convención do partido o pasado sábado, 26 xaneiro.
- A intención do PPdeG para a próxima lexislatura é que todos os galegos poidan contar con, alomenos, dous referentes nas cámaras estatais durante a próxima lexislatura: o senador ou deputado da súa comarca ou concello, e o Presidente do Goberno, que será un galego.
- O protagonismo máis útil de Galicia na próxima lexislatura será que un galego poida ser Presidente do Goberno, xa que ningún galego dubida que ningún Presidente vai tratar mellor a Galicia que Mariano Rajoy.
- Por iso Galicia ten unha cita coa súa historia o próximo 9 de marzo, coa posibilidade alcanzable de que o Presidente do Goberno sexa un galego.
- O PPdeG está seguro de que os cidadáns non van deixar pasar esta oportunidade.
- Nesta campaña e precampaña, o PPdeG non vai estar en ningunha confrontación de descalificacións, e si en todas as confrontacións de ideas.
- Por iso, o PPdeG quere mostrar a DISPOÑIBILIDADE de todos os CANDIDATOS e membros do partido A DEBATIR o balance desta lexislatura e as propostas para a próxima, nos medios de comunicación.
- Lembrar que con estas listas o PPdeG RENOVA, INTEGRA E SUMA:
- 2 de cada 3 candidatos son novos respecto a anteriores comicios;
- o partido foi quen de integrar a partir dunhas ideas comúns;
- representantes da sociedade civil, sen experiencia política, quixeron sumarse ao proxecto do partido.
- O PPdeG presenta unhas listas que están por enriba das condicións da Lei de Paridade, as únicas cotas que se impuxeron neste partido foron as da INTELIXENCIA, o ESFORZO, o MÉRITO e o TRABALLO.
- A través das candidaturas do PPdeG pode debuxarse o MAPA DE GALICIA, tanto o sociolóxico como o xeográfico:
- nas listas hai unha REPRESENTACIÓN SOCIOLÓXICA DE GALICIA, por idades, formación e adicación profesional;
-nas candidaturas, tamén están REPRESENTADAS A COSTA E INTERIOR, GRANDES CIDADES e PEQUENOS CONCELLOS, e os EMIGRANTES, que tamén forman parte do mapa de Galicia.
- As CIDADES galegas terán moito que dicir durante os próximos catro anos coa chegada do AVE. Neste sentido hai que destacar o compromiso de Mariano Rajoy de impulsar as infraestructuras. Un compromiso xa firmado en maio do ano pasado e ratificado na Convención do PPdeG co anuncio dun Consello de Ministros en Galicia.
- Sobre os MEDIANOS CONCELLOS dicir que unha maneira moi eficaz de seguir crecendo é que teñan un papel no ámbito da política nacional.
- Os CONCELLOS MÁIS PEQUENOS son claves para entender a Galicia actual. Lembrar que esta lexislatura foron abandonados e só recibiron malas noticias, como que Correos eliminará o seu servicio nestas localidades. Un servicio universal que sempre funcionou e que non debe desaparecer.
- As candidaturas que presenta o PPdeG en Galicia configuran O MELLOR EQUIPO PARA AFRONTAR OS RETOS MÁIS URXENTES aos que ten que facer fronte a nosa Comunidade durante os próximos catro anos:
- Economía.- subliñar a presencia dun equipo no que se atopan desde catedráticos na materia, como Xosé Manuel Barreiro ou Antonio Erias, ata estudantes de Económicas.
- Infraestruturas.- con representantes das cidades, que serán claves para deseñar a integración do AVE nas súas poboacións, e o voceiro das infraestructuras galegas no Congreso, Celso Delgado Arce.
- Servizos Públicos.- cun equipo no que Ana Pastor xa demostrou a súa capacidade como Ministra de Sanidade, e composto por médicos, enfermeiros e bos xestores, o que máis falla fai neste momento na Consellería de Sanidade.
- Educación.- con profesores de colexio, instituto e Universidade. O PP avoga por unha educación en liberdade.
- Sector primario.- con representantes de concellos con moita actividade agraria e con referentes no sector pesqueiro, como é o Portavoz de pesca do PP na pasada lexislatura, Joaquín García Díez ou representantes como a de Marín ou experimentados como o alcalde de Riveira, Torres Colomer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario