TRADÚCEME

25 enero 2008

A ECONOMÍA NON VAI TAN BEN COMO DÍ ZAPATERO

- O BCE mata a esperanza dunha rebaixa de tipos e afunde as bolsas europeas.

- O medo atenaza ao inversor. As bolsas europeas perden medio billón de euros en tres días pola crise.

- O batacazo da bolsa infecta a confianza familiar e as expectativas das compañías.

Un millón de ilegais á sombra da crise.-

- O Instituto Nacional de Estatística presentou o padrón no que destaca o dato de que en España viven un millón de inmigrantes irregulares.

- É a outra gran mentira de Zapatero, que fai sete meses, no Congreso, cifrou en 204.950 o número de sin papeis. Hai 800.000 ilegais máis que os que dixo o presidente, e elo sen contar os estranxeiros irregulares que están fóra das estatísticas do INE, por non renovar o padrón.

- Zapatero é o presidente dos procesos que fracasan. Iniciou un proceso de negociación cos terroristas, mintindo aos españois, e outro de regularización masiva, que criticou toda Europa e que, hoxe se ve máis claro que nunca, foi un absoluto fracaso.

- Os socialistas dixeron que co proceso de regularización se acabaría co problema dos ilegais. Hoxe é evidente que Zapatero se equivocou.

- Como xa se advertiu desde o PP e como indicou a Unión Europea, o proceso de regularización provocou un poderoso ‘efecto chamada’ que se saldou con centenares de mortos en alta mar, centros de internamento saturados e un millón de ilegais atrapados no círculo vicioso de irregularidade-marxinación.

- Zapatero non foi capaz de poñer orde e legalidade no tema da inmigración irregular e, baixo o seu mandato, convertiu a España nun coladero para os irregulares, que ven no noso país un ‘chollo’. Lanzou a mensaxe de que se podía vir ilegal, que ao final o Goberno socialista che facía legal.

- Lonxe de admitir o problema, Zapatero prefire vivir de costas á dura realidade que representa a inmigración ilegal e a falla de control sobre a fronteira marítima, terrestre e aérea do noso país.

- É necesario que un candidato coas ideas claras, como é Mariano Rajoy, coa confianza dos españois o próximo 9 de marzo, poña orde e legalidade onde agora só hai caos e efecto chamada.

No hay comentarios: