TRADÚCEME

23 enero 2008

O PPdeG PROPÓN A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN DE ESTUDIO NO PARLAMENTO PARA ESTUDIAR MEDIDAS QUE MELLOREN A SEGURIDADE NO MAR

• O presidente do PPdeG transmitiu unha mensaxe de solidariedade a familia do mariñeiro morto e ás familias dos desaparecidos

• O Grupo parlamentario considera que oito mortos e cinco desaparecidos en 15 días debe levarnos a unha reflexión prudente, sosegada e rigurosa pero, con datos tan escalofriantes os políticos non podemos mirar para outro lado

• Os populares galegos consideran que debe buscarse regras e pautas de comportamente entre todas as forzas políticas e recorda que as autoridades poden impedir a saida ao mar dos barcos

• Según o Real Decreto 638/2007 corresponde ao capitán marítimo propoñer o peche do porto en risco de seguridade da vida no mar e a Xunta nos portos autonómios ten que decretar o peche do porto


O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, transmitiu hoxe, trala reunión do Grupo Parlamentario Popular, unha mensaxe de solidariedade á familia do mariñeiro morto, así como ás familias dos desaparecidos “nestes momentos de incerteza e sufrimento”.

O líder dos populares galegos tamén expresou publicamente o recoñecemento do PPdeG aos “profesionais anónimos dos servizos de salvamento que participan no operativo de rescate, poñendo ás veces en risco as súas propias vidas”.

Ao mesmo tempo, considera que debe buscarse unha solución entre todas as forzas políticas e propuxo “a creación dunha Comisión de estudio no Parlamento para estudiar medidas que melloren a seguridade no mar”.

QUINCENA TERRIBLE
Despois de que nos primeiros 15 días deste ano se teñan contabilizado 8 mariñeiros falecidos e catro desaparecidos en Galicia, Núñez Feijóo reclamou hoxe unha reflexión “prudente, sosegada e rigorosa”, alonxada do debate político partidario, convencido de que “con datos enrriba da mesa, os políticos non podemos mirar cara outro lado”.

Anunciouno este mediodía en Tui, onde participou nunha reunión do Grupo Parlamentario Popular, onde insistiu en que o actual non é o momento de buscar responsables nin de criticar a ninguén.

En opinión de Núñez Feijóo, neste órgano deberían participar representantes de todos os colectivos relacionados coa seguridade marítima, desde os profesionais do sector e os sindicatos, ata as administracións que xestionan competencias neste ámbito.

ANALIZAR O POSIBLE PECHE DOS PORTOS
Entre as cuestións a abordar nesa ponencia, o presidente do PPdeG citou a posibilidade de analizar e efectuar propostas relacionadas cun eventual peche dos portos cando se rexistren fenómenos meteorolóxicos adversos.

En todo caso, Núñez Feijóo puntualizou, corrixindo algunhas declaracións públicas destes días, que a normativa actual permite ás autoridades impedir que os buques saian ao mar baixo determinadas condicións.

O Real Decreto 638/2007 (que derroga o RD 1246/1995, que xa incluía esta previsión) inclúe entre as funcións dos capitáns marítimos: “A proposta á autoridade portuaria competente do peche do porto cando razóns relacionadas coa protección interna, coa seguridade da vida humana no mar, a seguridade na navegación, a seguridade marítima e a loita contra a contaminación así o aconsellen”.

No hay comentarios: