TRADÚCEME

23 enero 2008

O PPdeG ANIMA AOS USUARIOS DE TARIFA NOCTURNA A RECLAMAR ANTE INDUSTRIA CONTRA A SUBA TARIFARIA ANUNCIADA PARA O 1 DE XULLO

Pide que a Xunta abandone a súa actitude de “espectador desinteresado” e asesore ás familias afectadas para que podan elixir a tarifa máis económica e que se habiliten mecanismos para reducir o impacto da medida sobre o peto dos consumidores

• Utilizar a vitrocerámica, poñer a lavadora, pasar a aspiradora ou pasar o ferro (por citar algún dos electrodomésticos de maior potencia) entre as 11,00 e as 21,00 horas será un 35% máis caro a partir do 1 de xullo


Tendo en conta que a recente decisión do Goberno central de fixar un novo cadro de tarifas eléctricas para o consumo doméstico que entrará en vigor a partir do vindeiro 1 de xullo e que implicará desaparición dos contratos de tarifa nocturna vixentes ata o de agora (arredor de 157.000 en Galicia e 1 millón no conxunto de España), suporá que a factura da luz destes usuarios podería ascender ata un 49% ao remate de 2008, o PPdeG anima aos afectados a presentar reclamacións escritas ante o Ministerio de Industria.

Anunciouno hoxe o portavoz de Industria e Enerxía do Grupo Popular, Ángel Bernardo Tahoces, por entender que o novo cadro tarifario presenta serias lagoas legais: discrimina e penaliza aos usuarios da tarifa nocturna, que hai anos contrataron ese sistema seguindo recomendacións do propio Goberno; obriga ao cliente a asumir os custes derivados do cambio dos limitadores e da contratación da nova potencia; e provoca agravios tarifarios en función do tramo horario no que os fogares rexistren os maiores picos de consumo eléctrico.

ALOMENOS 500 EUROS DE GASTO MEDIOS ADICIONAL POR VIVENDA

Cálculos recentes sitúan o custe dos novos limitadores, o novo contrato e o cambio das resistencias dos acumuladores en alomenos 500 euros por vivenda, cifra que non ten en conta as posible reformas da instalacións eléctrica doméstica, como os dobres circuítos que os expertos recomendan para distribuír o funcionamento dos acumuladores en dous grupos horarios ao longo das denominadas horas val.

A este gasto sumaráselle o incremento das tarifas, que será variable en función do tipo de contrato polo que opte o consumidor (que deberá elixir entre algún dos 5 tramos de potencia ofertados), pero que como media implicará unha un 20% máis respecto á factura anterior. O incremento tarifario, unido aos desembolsos adicionais xa sinalados fará que o desembolso familiar final en electricidade supoña entre un 49 e un 50% máis ao remate de 2008.

PRINCIPAIS CAMBIOS NAS TARIFAS APLICABLES AOS USUARIOS DE TARIFA NOCTURNA

ANTES (ata 30-06-08) Horas punta (16 diarias) Horas Val (8 diarias)
Tarifa aplicable 3% máis cara 55% máis barata
AGORA (a partir 01-07-08) Horas Punta (10 diarias) Horas Val (14 diarias)
Tarifa aplicable 35% máis cara 47% máis barata

Como se pode deducir do cadro anterior, unha das claves para minimizar o incremento do recibo da luz consistirá en aproveitar as horas val para o funcionamento dos electrodomésticos. O incremento dun 35% do custe da enerxía consumida nas horas punta (entre as 11,00 e as 21,00 horas) será o elemento determinante para fixar o gasto económico final en electricidade para cada un dos fogares que dispoña de acumuladores nocturnos. Utilizar a vitrocerámica, poñer a lavadora, pasar a aspiradora ou pasar o ferro (só por citar algún dos electrodomésticos de maior potencia) entre as 11,00 e as 21,00 horas será un 35% máis caro a partir do 1 de xullo.

GRAVE QUEBRANTO PARA AS ECONOMÍAS FAMILIARES

O deputado popular estima que este cambio tarifario non solicitado polos usuarios supón un “novo quebranto para as xa maltreitas economías familiares” e cuestiona que a Xunta de Galicia permañeza impasible ante este feito, cunha actitude propia dun “espectador desinteresado”, alleo aos prexuízos que vai ocasionar a medida a milleiros de galegos.

Ademais de insistir na necesidade de que os usuarios reclamen masivamente ante o Ministerio de Industria (os afectados suman un millón no conxunto de España), Bernardo Tahoces anunciou que o Grupo Popular ten presentado no Parlamento unha proposición non de lei na que insta á Xunta a poñer a disposición das familias prexudicadas o asesoramento técnico e legal que precisen. Esta tarefa debería ser coordinada polo Instituto Enerxético de Galicia.

Paralelamente, o PPdeG estima preciso que a Administración autonómica habilite os mecanismos oportunos para minimizar o impacto económicos que as novas tarifas terán sobre as economías domésticas galegas.

No hay comentarios: