- O Goberno do PP, no primeiro ano de Lexislatura, porá en marcha o Consello do Traballo Autónomo e promoverá a creación dos Consellos Autonómicos. O obxectivo é contar cun interlocutor para todas as políticas que afecten aos 2,2 millóns de autónomos que existen en España.
- O papel dos autónomos e microempresarios é fundamental para o dinamismo e crecemento da nosa economía.
- O PP fará posible dunha vez por todas a presencia dos autónomos no Consello Económico e Social, nos termos establecidos pola disposición adicional 8ª da Lei do Estatuto do Traballo Autónomo.
- O PP impulsará unha Mesa de Diálogo cos representantes do sector e os axentes sociais e económicos co fin de lograr un acordo que permita, entre outros obxectivos:
- Establecer a posibilidade de que os autónomos contraten e dean de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social aos seus propios fillos sen que exista límite de idade.
- Recoñecer aos fillos ou cónxuxes dos autónomos o dereito ás prestacións por desemprego cando o cese da actividade do autónomo se produza no marco de procesos concursais.
- Ampliar aos traballadores autónomos a cobertura de lagunas de cotización para a xubilación de forma análoga ao réxime xeral, sempre que cotizasen 35 anos.
- O PP fará posible a capitalización do 100% da prestación por desemprego para aqueles desempregados que inicien unha actividade autónoma que reglamentariamente se considere viable.
- Incluirá dentro do sistema educativo elementos de formación en materia de creación de empresas para incentivar a cultura empresarial.
- Outra das medidas que impulsará o PP para protexer ao colectivo de traballadores autónomos será reducir o Imposto de Sociedades un 20% para as pequenas e medianas empresas. Encomendará ao Consello do Traballo Autónomo a elaboración de estratexias de prevención de riscos laborais.
- No ámbito de financiamento das PIME, o PP reformará e dotará con máis fondos a Liña ICO PIME e ICO Emprendedores do Instituto de Crédito Oficial para apoiar e financiar en condicións preferentes o desenvolvemento de proxectos de inversión das pequenas e medianas empresas españolas.
- CON ZAPATERO É IMPOSIBLE.- Zapatero non apoiou aos autónomos. Só foi capaz de poñer en marcha medidas propagandísticas.
- O Estatuto do Autónomo, única bagaxe da xestión de Zapatero na materia, é unha norma pouco ambiciosa, que se queda curta e que decepcionou enormemente ao sector.
- As medidas recollidas no Estatuto, a maioría non desenvolvidas, non supoñen ningunha vantaxe maior que as que deixou funcionando o Goberno do PP, en particular a supresión do IAE a este colectivo.
- Zapatero negouse reiteradamente a asegurar a representación dos traballadores autónomos no Consello Económico e Social.
- O verdadeiro rostro do Goberno viuse no rexeitamento socialista a medidas de protección para os autónomos, como a proposta do PP de que se ampliara a estas profesionais o límite de deducción por maternidade, así como a bonificación actualmente existente dun ano ao incorporarse trala mesma.
- Zapatero deu as costas aos autónomos, e moi especialmente ás mulleres que de forma crecente integran este colectivo, ao negarse a poñer en marcha medidas de conciliación da vida laboral e familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario