- Logo de iniciarse a precampaña das próximas eleccións xerais, o presidente da Xunta, non tardou nin tan sequera un día en empregar o diñeiro público dos contribuíntes para facer propaganda electoral do seu partido.
- O PPdeG refírese así, ao último caso de instrumentalización política por parte dos socialistas, no que a Fundación Galicia Europa, dependente da Presidencia do Goberno, a través da súa Secretaría Xeral de Relacións Exteriores, foi utilizada para difundir, a pasada semana, a convocatoria dun mitin do PSOE de Bruxelas.
- Para o PPdeG, o que está a pasar con esta Fundación é un exemplo máis dos moitos que se están a dar desde que o Bipartito chegou ao poder.
- Non estamos a falar dun feito puntual, senón dunha situación que se está a converter en habitual desde que socialistas chegaron á Xunta.
- De seguir así, Touriño vaise converter no campión da instrumentalización política das institucións públicas.
- E ‘insultante’ e unha ‘falla de respecto’ cara aos cidadáns a continua utilización electoralista que está a facer o PSdeG das institucións galegas.
- Neste sentido, hai que lembrar outros casos como o do Secretario Xeral do PSOE en Uruguai, que repartiu cheques da Xunta por valor de 103.200€ en plena precampaña electoral; ou como unha deputada do PSOE, cun soldo millonario, se fixo cargo da Delegación de Bos Aires, curiosamente situada ao lado da sede dos socialistas.
- Asimesmo, recordar o gravísimo caso de Vila de Cruces, onde o PSOE acabou recoñecendo e vanagloriandose de que pagaba pola obtención de votos no Exterior.
- Facer referencia, tamén, as comidas gratis aos asistentes dun acto do PSOE en Costanera, sufragado con fondos públicos; e as avionetas con publicidade de Zapatero, que se pasean por riba das praias americanas, porque en Galicia non poden pasearse trens de alta velocidade coa súa foto, xa que non hai nin vías nin trens.
No hay comentarios:
Publicar un comentario