- A confianza dos españois na economía caeu 20 puntos desde que goberna Zapatero. Os 10,1 puntos positivos que se atopou Zapatero en 2004, son agora 10,5 puntos negativos, segundo un estudio comparativo das enquisas do Centro de Investigacións Sociolóxicas.
- As enquisas do CIS, como os datos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), amosan que os cidadáns teñen unha percepción real da crise, por moito que Zapatero se empeñe en negar a súa existencia.
- A inflación desbocada, o aumento do paro e a subida das hipotecas están na orixe desta crecente desconfianza dos cidadáns. A incapacidade do Goberno para corrixir a situación, a súa tendencia a negala e a falla de medidas que intenten paliala completan un panorama que é lóxico que os españois vexan como moi negativo.
- Os españois necesitan recuperar a confianza e para elo é imprescindible un Goberno que acerte no diagnóstico e teña receitas e equipos capaces de curar os males da nosa economía. A persoa que pode conseguir todo iso se chama Mariano Rajoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario