- A campaña de Zapatero é un auténtico disparate. É un candidato desesperado, sen ideas, sen balance de xestión e sen equipo, que xa só se dedica a meter a man na chistera a ver se sae algún coello.
- O último Coello é un cheque de 400 euros, un regalo de campaña con cargo aos Presupostos Xerais do Estado que demostran que Zapatero carece dun modelo fiscal coherente.
- A única promesa electoral chamativa é unha ocorrencia de última hora, improvisada, como recoñeceu a vicepresidenta do Goberno ao dicir que a medida conta con dificultades técnicas e que non se pode levar a cabo agora.
- A idea é un exemplo de caciquismo. Parece sacada da España rural do século XIX e non é un bon exemplo para unha sociedade española que aspira a liderar o século XXI.
- Despois de reprocharnos aos españois que demos propinas dun euro, Zapatero chega cunha propina de 400 euros debaixo do brazo. O PSOE é autor de importantes promesas históricas que nunca cumplíu.
- Pola contra, o PP ten un programa para gobernar. Un programa que pon o énfase nas propostas económicas, con ideas para promover o pleno emprego de calidade e a contención de prezos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario