TRADÚCEME

30 enero 2008

CON RAJOY É POSIBLE: EMPREGO DE CALIDADE E CONTENCIÓN DE PREZOS E 400.000 PRAZAS DE GARDERÍA.-

- O Partido Popular aposta por promover o emprego de calidade e a contención de prezos.

- O obxectivo será conseguir o pleno emprego.

- Se gaña as eleccións, o PP creará unha Unidade de Información e Seguimento dos Prezos, dependente do Ministerio de Economía, para que as autoridades de competencia coñezan de forma completa e exhaustiva a evolución dos prezos nos distintos sectores.

- A finais de 2011, a taxa de paro debería situarse no 6,5% cunha importante converxencia entre as taxas de emprego feminino e masculino e entre as distintas Comunidades Autónomas. A meta, segundo anunciou, será crear 2.200.000 postos de traballo nos próximos catro anos e elevar a taxa de actividade feminina ata o 68% en 2011.

- O PP traballará para crear, a partir del 9 de marzo, 400.000 prazas de gardería para lograr que a conciliación da vida personal, familiar e laboral sexa unha realidade.

- O PP aposta por converter a España nunha das cinco economías máis avanzadas do mundo.

- Entre os obxectivos do PP, figura situar a renda per cápita española ao nivel dos grandes países da Unión Europea -como Francia, Alemaña ou Gran Bretaña- e que as Comunidades Autónomas máis retrasadas avancen con rapidez cara a renda media comunitaria.

- O PP defenderá tamén un crecemento económico sen desequilibrios, baseado na estabilidade presupostaria, as reformas fiscais, a liberalización dos mercados, a internacionalización das empresas e o fortalecemento do texido productivo, especialmente as PIMES.

- Para elo, é necesario un programa completo de reformas económicas que Rajoy porá en marcha se gaña as eleccións. Así, impulsará políticas para que a economía española se sitúe nun escenario de aceleración do crecemento económico ata alcanzar o 3,8% no ano 2011. Con este obxectivo, se incrementarán os niveis de liberdade e flexibilidade, asegurarase a estabilidade macroeconómica e a seguridade xurídica e se incentivará unha maior inversión en capital humano, tecnoloxía e infraestructuras.

- O PP aumentará a independencia e transparencia das Comisións Nacionais de Competencia, da Enerxía, do Mercado das Telecomunicacións e do Mercado de Valores e evitará calquera intento de politización do Banco de España. Así, os presidentes, conselleiros e vocais de ditos organismos serán nomeados polo Congreso dos Deputados cunha maioría de 3/5 entre profesionais de recoñecido prestixio e tras celebrarse unha audiencia previa nas Cortes. Ademais, se alargarán os mandatos, que no serán renovables.

- Para recuperar a confianza na economía, tamén se apostará polo rigor presupostario. O PP reformará a lei de Estabilidade Presupostaria, limitará o crecemento do gasto público discrecional por debaixo do crecemento esperado da economía e aprobará no Parlamento os escenarios presupostarios plurianuais. O obxectivo é conseguir que, ao final de 2011, o superávit presupostario se sitúe no entorno do 3% do PIB.

- A competencia será unha das principais reformas estructurais da economía. Para elo, se integrará nunha soa política a competencia, a defensa dos consumidores e a unidade de mercado, dotándoa de máis medios materiais e humanos.

- O comportamento dos prezos en España é peor que no resto de Europa polo que se creará unha Unidade de Información e Seguimento dos Prezos –dependente do Ministerio de Economía- para que as autoridades de competencia coñezan de forma completa e exhaustiva a evolución dos prezos nos distintos sectores.

- Dita unidade elaborará un informe mensual que detalle a evolución dos productos máis significativos. Con esta información, a Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos poderá propoñer medidas urxentes para loitar contra a inflación e iniciar os cambios normativos necesarios. Para corrixir os problemas de unidade de mercado, aprobarase unha nova Lei Orgánica de Unidade de Mercado.

No hay comentarios: